12 de set. de 2012

126.000 € PREZO DAS ACTUACIÓNS DO ALBARIÑO, SEN CONTAR A JULIO IGLESIAS

O blog do BNG ven de publicar un entrada moi interesante sobre que o que custaron as actuacións na derradeira festa do Albariño, que si é caro ou barato deixao o voso xuizo, e
antrada é a seguinte: 
83.662 € , CUSTO DE TRES ACTUACIÓNS NA FESTA DO ALBARIÑO.
Con retraso, co mesmo retraso que son entregadas as actas de goberno os partidos da oposición por parte de Luis Aragunde, así vos damos a información sobre o custo de tres actuacións na festa do Albariño deste ano. Sen entrar a criticar se é moi caro ou moi barato, iso deixovolo o voso xuizo, tres das actuacións do Albariño deste ano acadaron a nada desprezable cifra de 83.662 €, que se desagregan do seguinte xeito:
30 de xullo, actuación de Arizona Baby & Los Coronas, xunto co teloneiro PLV Haboc, ascendeu  a cantidade de 11.392 €.
3 de Agosto, actuación de Macaco,  ascendeu a 54.280 €
4 de Agosto, actuación de Xoel López ascendeu a 17.990 €
A todo isto hai que engadir 43.070 € da gala do xoves do Albariño, non sabemos si incluen a Manolo Escobar e Soraya na factura, porque no especifica.
En canto as aportacións do Concello para premios nas distintas actividades deportivas relacionadas dunha maneira ou doutra no Albariño , desagreganse do seguinte xeito:
XVIII Milla Urbán: 1.700 €.
XLIV Gran Premio ciclista: 2.600 €.
XXVIII Torneo aberto Internacional de Xadrez do Albariño: 2.000 €.
XXXVI Torneo Tenis de Mesa: 1.800 €

Ningún comentario: