1 de set. de 2012

ASOBLOG CONVOCA UN CONCURSO PÚBLICO PARA ESCOLLER O LOGO DA ASOCIACIÓN

A Asociación Cultural Asoblog Salnés (ASOBLOG) ven de convocar un concurso público de logos para escoller o que nun futuro vai ser o logo da asociación. De seguido expoñemos
as bases polas que se rexirá o concurso.
BASES PARA O CONCURSO DE LOGOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL ASOBLOG SALNÉS
A Asociación Cultural Asoblog Salnés convoca a concurso o diseño dun logotipo destinado a ser a imaxen representativa da asociación.
A día 23/08/2012 aprobouse por consenso dos socios da asociación presentes na reunión do mismo día, as seguintes bases para a participación no concurso de logos.
O concurso rexirase polas seguintes bases:
1. OBXETIVO: O obxetivo é conseguir o diseño dun logotipo destinado a ser a imaxen representativa da Asociación Cultural Asoblog Salnés en toda a súa difusión da información sobre o mismo a través de documentos oficiais así como en todo o referente a esta asociación en internet.
2. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todas as persoas tanto físicas como xurídicas de calquera nacionalidade. Cada concursante poderá presentar un máximo de tres propostas.
3. TÉCNICA: A técnica será libre tendo en conta que o logotipo será reproducido posteriormente en distntos soportes materiais. (Carteis, documentos, soportes virtuais, etc.)
4. PROPOSTA:
1. O diseño deberá ser orixinal e inédito.
2. A proposta debe incluir un deseño das palabras ASOBLOG SALNÉS cunha
caligrafía/diseño especial, un deseño do logotipo sen o nome da asociación e un deseño que una en harmonía o logo e a caligrafía orixinal.
3. Aconséllase utilizar cores que sexan facilmente trasladables á escala de grises/ blanco e negro, para a súa realización posterior tanto en cor coma en blanco e negro.
4. Debe ser un diseño facilmente trasladable a diferentes tipos de documentos e soportes.
5. MATERIAL A ENTREGAR: Cada deseño ten a posibilidade de ser entregado das seguintes maneiras:
1. En papel: A proposta aislada en cor, así como tamén en escala de grises/blanco e negro, nunha folla mínimo de DinA4 e máximo de DinA3.
2. En formato electrónico: A proposta aislada en versión color, así como tamén en escala de grises e blanco e negro. Deben ser facilmente reproducibles con programas comuns de visualización de imaxes. Poderase entregar destas dúas formas:
1. Gardado nun CD.
2. Por medio do correo da asociación: asoblogsalnes@gmail.com
3. A proposta presentada poderá ir acompañada dunha breve explicación, de extensión non superior a unha páxina en calqueira das maneiras que se presente.
6. PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS:
1. Os que elixan presentar o traballo en papel, ou ben nun CD, deberán entregalo nun sobre DinA4 (DinA3 se é preciso) branco que conteña nun sobre mais pequeño un papel cos datos personais da persona responsable (Nome completo, dirección e teléfono). Estos sobres pequenos que van dentro do principal deben ter na parte de fora un pseudónimo ou frase que sexa idéntico o que vaia unido ó traballo presentado. No caso da presentación en papel deben estar identificados co pseudónimo e no formato electrónico
co pseudónimo no propio CD. En ningún caso o pseudónimo pode ser igual ou parecido ó nome da persona co fin de facer posible o anonimato e a parcialidade do xurado.
Valentin Estevez, presidente de ASOBLOG
2. A presentación ha de ser realizada no Hotel Os Pazos, Rúa Eduardo Pondal, nº 1, Cambados, Pontevedra; ben por presentación persoal ou por correo postal, sempre que se opte porla presentación en papel ou en CD.
3. Tamén se pode presentar enviando o proxecto ó correo da asociación:
asoblogsalnes@gmail.com
4. O plazo de presentación será do 1 de Setembro de 2012 ó 28 de Setembro de 2012, ambolos dous incluidos na súa totalidade. Serán excluidos proxectos presentados fora de plazo.
7. XURADO E VEREDICTO:
1. O xurado terá o plazo de deliberación dende o momento de finalización do plazo de presentación dos proxectos ata o comezo do acto de entrega do veredicto.
2. O fallo do xurado será inapelable.
3. O fallo será anunciado no acto que se realizará o 6 de Outubro de 2012 nun lugar que lle será comunicado por teléfono con anterioridade ós participantes.
4. O xurado reservase o dereito a declarar o premio deserto e convocar un novo concurso ou novas bases ó que deberán presentarse novos traballos cando ó seu xuizo os proxectos non reunan as cualidades ou a calidade suficiente.
8. PREMIO:
1. O premio consistirá nun lote de libros doado polos libreiros de Cambados.
2. Será entregado no acto no que se comunicará o fallo do xurado o 6 de Outubro de 2012 no sitio comunicado.
9. PROPIEDADE INTELECTUAL DA OBRA:
1. O logotipo premiado quedará en propiedade exclusiva e permanente da Asociación Cultural Asoblog Salnés podendo ser reproducida, cedida e utilizada na forma que estime convinte e sen pago nin ningún tipo de contraprestación ó autor da obra.
2. O logotipo premiado, unha vez pase á propiedade da asociación pedrá ser reproducido total ou parcialmente así como modificado se o cre necesario sen consutlar co autor.
3. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos autores no plazo máximo dun mes a contar dende a fecha do fallo do xurado. Transcurrido dito plazo, a asociación promotora poderá dispor dos traballos como mellor considere oportuno.
10. ACEPTACIÓN DAS BASES:
1. A participación neste concurso leva implícitamente a aceptación total das bases así como do xurado e do seu fallo. As decisións que toma o xurado non poderán ser nunca obxeto de impugnación e estará facultado para resolver calquer situación non prevista nas bases na forma que considere oportuno.




Ningún comentario: