29 de set. de 2012

EDUARDO BAAMONDE A PIQUES DE POÑER A VENDA O SEU LIBRO SOBRE ACUARELAS DE CAMBADOS

O pintor afincado en Cambados, Eduardo Bamonde, acabanos de informar mediante a súa páxina en Urban Sketchers Spain  que acaba de salir da imprenta unha selección das súas  acuarelas de Cambados publicadas por
Edicions K. Deducimos que pronto saira a venda a súa obra, esperamos ser informados para acudir a súa presentación.
Portada do libro
Eduardo naceu en Vilalba (Lugo) no 1962. En Santiago cursa estudios de Historia da Arte, de Museoloxía e de Artes e Oficios. Dende 1988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio,con destino na actualidade no I.E.S. de Vilalonga (Sanxenxo). Amante do deseño gráfico e da pintura empeza a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta. Nos últimos anos participa con asiduidade nos certames de pintura rápida, acadando varios premios e recoñecementos. Tamén é de destacar a súa actividade como ilustrador, pois publicáronse recentemente dous textos de Ramón Caride ilustrados enteiramente por Baamonde (Ed. Everest).   
No  ano 2005 publicouse “Tanta Miga e a súa barriga” (Baiaedicións) e no 2006 “Plexiflai non foi ao festival” (Everest); os dous son contos infantís escritos e ilustrados polo propio Baamonde.  
Autoretrato
No 2008 publícase Aventura na Mariña; libro promocional desta comarca lucense no que os personaxes creados e debuxados polo propio Baamonde viven unha aventura que serve de pretexto para ensalzar os valores paisaxísticos, patrimoniais, gastronómicos e culturais da Mariña. Este conto profusamente ilustrado foi encargado polas tres Fundacións Comarcais da Mariña e publicado pola Dirección Xeral de Turismo.
No ano 2009 publica "Polo Salnés con Ramón Cabanillas"(CANDEA), un caderno de viaxe no que as acuarelas de Baamonde acompañan os poemas de Cabanillas facendo un percorrido por todo o Val do Salnés. 
No 2010 publícanse, tamén en formato de caderno de viaxe, "De acuarelas por Santiago" (CUMIO) no que Baamonde tamén é autor do texto e "Ruta Pardo de Cela" (TRASLUZ LUKUS).
Podes ver todo o seu curriculum e parte da súa  premendo  AQUÍ.





Ningún comentario: