22 de set. de 2012

“EFECTO PASILLO” EN CAMBADOS.

O vindeiro sábado 29 de setembro a “Ruta 18”(Asociación de Locais Hostaleiros de Cambados) organizan un concerto que deron en chamar “A derradeira gran festa do vrán” e que será na Illa das Goritas, e en caso de choiva no Salón José Peña. A
apertura de portas será ás 22 horas. Actuarán por un lado “Efecto Pasillo” e tamén o dúo “Mario Méndes e Miguel Saez”. 
“Efecto Pasillo” chegou  22 de Setembro  ao número 1 da lista máis importante de éxitos de España, a dos 40 principais,  foron moitos anos de traballo, moitas horas de peche buscando a canción. Nestes momentos o seu primeiro pensamento diríxeuse inevitablemente ás suas familias, os seus pais, irmáns e fillos. Sempre apoiaron o seu soño, aínda a propósito do dificil que é facerse un oco. Tamén recordan a eses amigos que desde o primeiro concerto, desde a primeira maqueta, dixéronlles aquilo de "vostedes van chegar moi lonxe, vostedes teñen algo". E si, efectivamente teñen algo. Téllenvos a todos vostedes, familia, amigos, incondicionais e xente que se vai sumando. Corría o mes de abril de 2007 e coa primavera derramando as súas primeiras calores, un grupo de catro grancanarios debutaba nos escenarios da illa. Trátase de Efecto Pasillo (Iván -voz-, Javi - batería-, Nau -guitarra-, e Arturo -baixo-). Con poucas semanas de vida gañaron o seu primeiro concurso de bandas. Entusiasmados pola reacción dun público entregadísimo, decidiron subir o primeiro chanzo dunha longa escaleira que lles levase cara arriba ou como eles din “cara á luz”. Gravaron a súa primeira maqueta, unha demo de cinco cortes titulada "En El Aire", que tivo unha boa acollida por parte dos seguidores e as emisoras locais.

Ningún comentario: