24 de set. de 2012

LECCIÓN MAXISTRAL, POR MARTIN COBAS.

Agás a excepción do BNG co seu 25 de xullo, reivindicando sempre a independencia do estado español para Galiza, a historia e o tempo estannos a dar a razón. Como me doe na
alma que a nación galega non teña a decencia de loitar como o pobo catalán polo seu inmediato futuro rebelándose pacíficamente, ateigando as prazas e rúas dos pobos contra unha depravada casta de corruptos políticos señores feudais, que levan anos e anos enriquecéndose a ollos vistos a conta do precario erario público, sumindo o noso país  na máis absoluta pobreza económica e moral, en detrimento dos seus malévolos intereses persoais e partidistas.
Non nos queda máis remedio os galegos e as galegas que rendernos ante o evidente bo facer do pobo catalán, dando unha vez máis, unha lección maxistral o decadente mundo que nos arrodea, de ético civismo, dende case todos os seus sectores sociais, por moi diferentes que foran  e da súa super intelixencia cidadá que alí habita.
Perante o desmantelamento salvaxe por parte do prepotente estado español, das poucas ferramentas coas que contaban as autonomías, para min nacións, de Galiza, Cataluña e Euskadi, para se gobernaren vivindo con dignidade e decencia dos seus propios recursos e infraestruturas, que as teñen, negándose con rotundidade a ser colonias, onde o depredador e fero estado central, saca inxentes cantidades de diñeiro, que non lle pertence, para gastar sen ningunha clase de escrúpulos, en banais e retrogradas políticas, que enchen de fame e frío as máis desprotexidas capas da ignorante sociedade que os vota e pon no goberno.
Pedir a independencia dun pais, non é poñer un vergoñoso valado de metálica rede para que non pase  nin entre ninguén. Pedir a autodeterminación dun pais non é cortar cunha máquina a súa terra levándoa para o medio do mar, illándoa para sempre dos demais pobos. Pedir a Soberanía, independencia ou autodeterminación dun pais, non e nin mais nin menos que, dotarse de bo criterio e sentido común, para manexar con sabedoría e habilidade as riquezas que xera un pais, distribuíndoas equitativamente entre os paisanos e paisanas  que alí viven para non contribuír a creación de bolsas de pobreza , e diferencias socio culturais de bolsas de pobreza e diferencias socioculturais, evitando así conflitos que dan por desgraza para todos con cada vez mais pobos no desapiadado mundo inmerso, en ridículas e innecesarias guerras, dando cos osos dos seus indefensos e inocentes  poboadores nunha violenta vórtice de rancores , odios e fames, que degradan os seres humanos deses desgraciados arredores para todas as súas vindeiras xeracións.
Parabéns para o BNG no seu trinta aniversario, pola súa infatigable loita a prol dos interesas da nación galega, cos seus erros e acertos, Adiante e Forza.
MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.

1 comentario:

Anónimo dixo...

unha independencia coa política de Feixoo & company? En Galicia o sentemento de país o van erradicando dende nenos. Tamén e certo que hoxe por hoxe Artur Mas & company deben predicar co exemplo e deixar de ir a suites de 3000 € noite e outras tropelías nefastas para a economía catalana. Esta ben poder autogobernarse,e mandar o carallo a moitos comesdebalde, pero eu so pido dignidade pos que nos gobernen porque pouco a pouco van quedando menos persoas que crean nos políticos.