20 de set. de 2012

LUIS ARAGUNDE DEBERIALLE PEDIR PERDON A RAFA NO PLENO EXTRAORDINARIO DE HOXE

Hoxe ás 14.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Cambados, vaise celebrar un pleno extraordinario no que case seguro se van a acordar tres días de loito oficial polo
pasamento do compañeiro e concelleiro do PSOE, Rafael Blanco Guerreiro. Unha boa oportunidade para que Luis Aragunde, o noso alcalde, se fora un home feito e dereito deberialle pedir perdón a Rafa polo ultraxe o que o semeteu no derradeiro pleno ordinario cando nun arranque de chuleria e mala educación a voz en vivo dille que un escrito,  facendolle unha pregunta,  conten faltas de ortografia, Rafa xa enfermo e cansado (pero el non o dicia), non tivo siquera forzas para contestarlle. O importante Luis non era como iba escrito senón o que che preguntaba. Por certo preguntas que ti contestas con monosilabos ou no pleno seguinte por que non tes coñocementos nin sabes facelo no mesmo día. Ten valor e pide perdón.
A saida do cadaleito de Rafael Blanco Guerreiro do tanatorio de Santa Mariña teró lugar as 18.45 da tarde de hoxe ate a igrexa parroquial de Cambados, e o rematar o funeral o corpo do noso compañeiro será icinerado en Vigo. Unha aperta para toda as súas familias, ca que convivia, a moteira, o do concello de Caldas e a Agrupación Socialista de Cambados.


Ningún comentario: