21 de set. de 2012

MARTA LOJO E KIKE LOPEZ NOVAMENTE PREMIADOS

Os deseñadores gráficos con despacho en Cambados Marta Lojo e Kike López, veñen de gañar recentemente o primeiro premio de deseño coa etiqueta do viño “Carlos Plaza Joven” nun concurso  en Holanda que se chama “Os cen mellores
viños de España mais destacados nos Paixes Baixos 2012”. Asemade nos mesmo concurso  os deseñadores con despacho en Cambados, concretamente en Fefiñans, Marta e Kike tamén lle outorgaron o segundo premio de deseño coa marca “La llave roja”.
“Os cen mellores viños de España mais destacados nos Paixes Baixos 2012”, é un dos mais prestigiosos en Europa e tras darse por finalizadas as catas dos máis de 900 viños participantes no concurso, o xurado profesional da categoría “mellor etiqueta de viño” nomeou dez etiquetas que puideron ser votadas polos visitantes das páxinas www.100mooiste.nl e www.vinos-de-espana.nl. O gañador elixido polos internautas foi a etiqueta de Carlos Plaza 2010 Joven, obra dos nosos conveciños Marta Lojo e Kike López, quenes están collendo un prestixio a nivel internacional  fora de toda dúbida, eles foron precisamente os deseñadores do derradeiro cartel da Festa do Albariño, que gratuítamente concederon o Concello de Cambados,  e da etiqueta do viño que promocionou a volta ciclista a España recén terminada. Os nosos parabéns e continuar traballando e gañando premios.


Ningún comentario: