6 de set. de 2012

MOITAS DAS FAMILIAS DE "POR DEREITO" ESTÁN METIDOS NESTA DEMANDA

Familiares de discapacitados presentan un recurso á reforma da Lei de Dependencia
A medida intenta frear a aplicación dunha reforma que recorta as axudas a coidadores, elimina a súa cotización á Seguridade Social e restrinxe o acceso ao sistema dos dependentes moderados
A Asociación Dereitos Civís de Persoas con Discapacidade e as súas familias (ADCD) presentou un recurso ante o Tribunal
Supremo co que reclama que anule o real decreto quereforma as medidas para a aplicación da Lei de Dependenciaao considerar que vulnera dereitos fundamentais recollidos na Constitución.
O portavoz da ADCD, Antonio Moreno, explicou que tratan de conseguir a nulidade da reforma, porque «unha cousa son os dereitos adquiridos que teñen as familias con anterioridade a este Decreto e outra, as familias de nova incorporación».
Hai que ver a cara de Demetrio e a miña e iso que levabamos unha hora de
reto.
O recurso desta asociación intenta frear a aplicación da reforma dado que entenden que recorta as axudas a coidadores, elimina a súa cotización á Seguridade Social e restrinxe o acceso ao sistema dos dependentes moderados. A reforma da Lei de Dependencia define tamén os criterios para determinar a capacidade económica do beneficiario, que se calculará de xeito conxunto coa súa renda e o seu patrimonio.
Antonio Moreno recordou que aínda están á espera de que a Defensora do Pobo, Soledad Becerril, responda á súa petición de amparo «para que interpuxese ese recurso, pero a data de hoxe deu a calada por resposta».
Doutra banda temos que decir que Por Dereito por medio do seu blog, acaba de dar as grazas a toda mundo, que dun xeito ou doutro participaron no II Gran Reto Running por Dereito,  e ademais publica todos as fotos do evento, entra premendo AQUÍ.


Ningún comentario: