25 de set. de 2012

O AUTÉNTICO NACIONALISMO REÚNESE O DOMINGO EN COMPOSTELA

A única formación eminentemente nacionalista que se presenta as vindeiras eleccións autonómicas do 21 de Outubro, é dicir o Bloque Nacionalista Galego, ten o domingo en Compostela unha cita ineludíbel xa que a formación
nacionalista  celebra a súa Convención Nacional para presentar a súa alternativa e candidaturas para as vindeiras eleccións galegas. A convención é aberta a militantes e simpatizantes e vai ter lugar no Pazo de Congresos en Santiago de Compostela (San Lázaro) o vindeiro día 30 de setembro ás 12 da mañá. Do Salnés e evidentemente de Cambados preparase unha nutrida representación para acudir a devandita convención.

Ningún comentario: