7 de set. de 2012

O CAMBADÉS RUBEN LAYA, DO XUVEN, PRESELECCIONADO POR GALICIA.

Estrea da temporada para as Preseleccións Galegas Infantís
A área deportiva da FGB realiza esta fin de semana as primeiras convocatorias referentes ás preseleccións galegas de categoría infantíl.
Os dous bloques de adestradores inmersos con estas idades, comandados en feminino por Armando Otero  e en masculino por Ángel Castro, botan a andar este sábado, 8 de setembro. 
No apartado feminino, Otero traballará durante a xornada de sábado cun total de 20 xogadoras. O Pavillón de Santa Isabel, en Compostela, será a testemuña dos primeiros pasos dunha preselección que irá depurando conceptos a medida que avanzan os meses. 
Pola súa banda, e baixo a tutela de Ángel Castro, no apartado masculino a sesión,  de traballo integrará a un volume maior de xogadores convocados, entre os que se atopa o xogador do Xuven,  Ruben Laya. Repartidos en tres quendas de adestramento, preto de cincuenta rapaces chegados de diferentes clubs galegos concentraranse no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro. Alí realizarán a primeira toma de contacto coa dinámica das preseleccións. 
Parabéns o noso pequeno paisano e o seu club o Xuven.

Ningún comentario: