2 de set. de 2012

UNHA TERNA A TER EN CONTA: "EL NIÑO DE LOS APLAUSOS", "EL ESTATUILLAS" E "EL CHICO DEL COPAGO"

Seguimos con cousas do pleno do Xoves, pudemos ver como o concelleiro do PP José Juan Cores sorprendeu aplaudindo, por certo tamén aplaude en castelán,  ao final da votación dos orzamentos cando o PP, como era previsible, sacou adiante as contas cos seus votos. A conduta deste concelleiro a miúdo parece que tenta provocar a algún dos edís da oposición, até agora felizmente sen resultado. Aragunde tivo que reprendelo
por este feo xesto, convertindose así en “EL NIÑO DE LOS APLAUSOS”
Doutra banda o alcalde nun “xeste de xenerosidade”  non contestou as preguntas do BNG sobre a estatua de Fraga, porque o escrito do BNG fora presentado con 24 horas de antelación e non con 48 como sinala a Lei, aquí si aplica a Lei Aragunde, pero para entregar as actas de goberno non hai lei que valga, só a del. Luis non está cómodo co tema da estatua, por certo aconsellamos a lectura do artigo de Ramón Carido no Asoblog sobre este tema. Convertimos logo a Luis Aragunde en “EL ESTATUILLAS”.
Un dos intres de maior polémica produciuse cando o concelleiro do PP pediu outra vez a palabra no punto da eliminación do copago e lle espetou ao do Bloque nun perfecto castelán: “Si tú consideras más débil a un pensionista que cobra 150.000 euros que  a un parado que ha perdido el derecho a percibir el subsidio de desempleo…Pues me parece un poco fuerte”. Caamaño, visiblemente molesto pediu seriedade deste o seu escano e afirmou “non coñezo, non xa pensionista, senón a ninguén en Cambados que cobre iso (150.000 euros ao ano)”. O balbordo tamén se fixo notar entre o público, sorprendido polo que dixera o edil do PP. Polo que convertimos a Pomares en “EL CHICO DEL COPAGO”. Por certo podes oir a intervención, si non  o crees, de Pomares a continuiación. A mis estranoume moito porque este rapaz non soe dicir burradas, coma os outros dous.



Grazas a www.cambados.tk polo texto e polo audio.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

A nadie lle extraña que un concelleiro do pp fale ou aplauda en castelan. O fin o cabo, xa se sabe por donde tira o partido.
O que extraña e que o fale un do bloque. Non nombro a nadie. O que e xa se sentira aludido.

Anónimo dixo...

Dou fe diso,inda o escoitei esta misma mañan falar en perfecto castelan.

Anónimo dixo...

Es mejor hablar en castellano, a insultar a los demás como hace nuestro alcalde, o decir burradas fruto de la ignorancia y la poca preparación de las intervenciones, como dijo uno que habla de 150.000 € de pensión, demuestra que ni se miro por encima el BOE, que eran 32 páginas. Si no sabe de lo que habla, por lo menos que no hable, que tenga un poco de vergüenza, que nos representa a todos los cambadeses!!!
Eso no os preocupa, os preocupa mas que hable en castellano o gallego, aunque diga burradas por la boca sin pensarlas, que cualquiera con un poco de sentido común sabe que ningún pensionista en Cambados gana esa burrada. No habrá gente que vota al PP que pueda ir en las listas y que sea un poco inteligente, pero no es mejor meter al hijo de un rico, aunque diga tonterías, por que lo único que os importa son los votos y Gobernar.

Anónimo dixo...

Anonimo 5 de septiempre de 2012 16:11:
Personalmente me da igual si hablan en gallego o castellano los del pp, si son burros o listos, si cuentan para atras o para adelante.
Pero tiene narices que alguien que representa a un partido (Bng), que quiere imponer el gallego en los colegios como lengua principal y luego
se pasee hablando en perfecto castellano como un madrileño por la milla de oro. me resulta vomitivo.
O galego e un sentimento. Hai que sentilo para falalo. Non e unha imposicion. Porque xa sabemos o que pasa cas imposicions. Acaso non foi franco o que impuxo falar
solo en castelan.
Hai que incentivar os nenos para que o falen, non impoñerllo.
E antes de nada haberia que poñerse de acordo para facer un idioma para sempre. Porque dende que eu estudiei BUP ata agora, vaia se non cambiou o idioma.

Son o anonimo do 2 de setembro de 2012 20:29

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Para Anonimo 5 de septiempre de 2012 16:11:
En principio o teu comentario é un cúmulo de contradiccións, e explicome. Primeiro dis que “Personalmente me da igual si hablan en gallego o castellano los del pp, si son burros o listos, si cuentan para atras o para adelante” pero mais adiante dis “Pero tiene narices que alguien que representa a un partido (Bng), que quiere imponer el gallego en los colegios como lengua principal y luego se pasee hablando en perfecto castellano como un madrileño por la milla de oro. me resulta vomitivo” . Ponte dacordo, daslle importancia o idioma ou non, si tanto che da que o de PP fale o que fale , que mais cheda que o do Bloque fale no que fale, ou fas descriminación.
Agora sendo esto anécdotico o que mais me chama a atención e ó comentario que che da igual que os do PP “SEXAN BURROS OU LISTOS”, iso amosa que o unico que quere o teu comentario e facerlle daño a unha persoa do BNG que fala castelán segundo ti cando está paseando. Que unha persona diga que un politico que o representqa tanto lle da que sexa burro ou listo, que non comente o fondo do comentario ou sexa a torpeza pública dun concelleiro do PP e que se adique a criticar cada dous por tres a Victor por como fala, sen coñecer os seus antecedentes, pareceme patetico. Claro que é importante que un concelleiro elixido democraticamente sexa ou non un burro, o que si é que amosa é que deixa moito que dicir sobre os sesu votantes, para iso que poñan directamente un burro de cabeza de cartel.
Deberianche resultar vomitivas outras cousas, como por ejemplo que os politicos do PP se fagan ricos a conta do Pinal de Maza enganando os cambadeses, debiache parecer vomitivo que a Alcaldia de Cambados lle custe 12.000 mensuais a todos os cambadeses, deberiache parecer vomitivo que en plena epoca de crise se inviten a 600 persoas a xantar no Albariño, deberiacha parecer vomitivo que se pague un estatua de 40.000 euros e se agoche nun pazo , deberiache parecer vomotivo que non haixa ooposicións no concello de Cambados dende o ano 1987, deberiache parecer vomitivo o enchufismo galopante do Concello, deberiache parecer vomitivo como se atemoriza a poboación cada vez que fas unhas obra e non eres do PP, e fin podia seguir decindo cousas que che debian de parecer vomotivas e non che parecen.
En troques iso si, pareceche vomitivo que unha persoa que empezou sendo castelán parlante, de feito toda a súa familia aindo o é, e fixo un gran esforzo para falar galego, e que en privado fale castelan. Xa me gustaria a min que o esforzo idiomático que fixo esta persoa o fixeran outras.
Critica o fondo do asunto e non te quedes na superficie.
Por certo, xa que non sodes quen de identificarvos asinar con seudonimo para dirixirme a vos con mais facilidade. Saudos.

Anónimo dixo...

Efectivamente Sr. Chalium todo o que di vostede despois do meu comentario me parece certo. Pois claro que me parece vomitivo todo eso o que se refire. E sobre todo certa persoa que traballa no concello e ten un custe bastante alto para o que fai. E non me refiro o alcalde, pero esta bastante cerca. Non ten cargo politico.
Non nombrei en ningun momento o Sr. Caamaño, pero xa vexo que non son a unica persoa que pensa igual. A ver que pode falar o que queira esta clarisimo, pero bueno creo que non utilicei a palabra mais adecuada. O pp o fin o cabo e un partido nacional. o castelan e o seu idioma. Pero o BNG. Ainda que nada me extraña. XA teño coincidido con outras persoas afiliadas a este partido por Santiago dandolle a lingua de Cervantes. E estan no seu dereito. pero que logo non vaian por ahi detras de pancartas con lemas a favor de falar so en galego. E de hipocritas. Como os do pp divorciados e puteros que van detras da pancarta no dia da familia. Eche a misma cousa.