4 de out. de 2012

ATENTADO CONTRA O PATRIMONIO NA TORRE DA HOMENAXE.

Persoa ou persoas descoñecidas polo de agora, mais que persoas bárbaros, diría eu, atentaron contra a  Torre da Homenaxe sita na parte traseira do Pazo de Fefiñans, lindando xa co instituto Ramón Cabanillas. Os bárbaros autores do atentado contra o patrimonio calculase que entre o 31 de Agosto pasado e o pasado  tres de setembro arrancaron unha
bola que está situada na parte do valo que limita co Instituto (como se pode ver nas fotografías). A bola estaba suxeita cunha barra de aceiro e fixada no valo, sendo imposíbel que caira por si mesma. Despois de arrincada do seu lugar o autor ou autores do feito tirárona a chan dunha altura de tres metros e a bola quedou esnaquizada.






1 comentario:

Anónimo dixo...

contra el patrimonio de los dueños del palacio.Mio no es, tengo 71 años soy de cambados y nunca e entrado en ese lugar