5 de out. de 2012

CAMBADOS TEN TRES BIC E PRONTO TENDRÁ CATRO.

Que Cambados e un dos pobos mais bonitos da noso querido país Galicia, é un feito incontestabel, ainda que non está ben que un cambadés presuma do seu. Pero dos moitos bens  BIC (Ben de Interés Cultural) que hai na comarca do Salnés
Cambados e que está a cabeza nesta lista  xa que na actualidade ten tres e pronto serán catro. Ate o de Agora  tiñan esta consideración O primeiro monumento en ter esta consideración foi  no ano 1931, apenas alcanzada a II República, cando o Estado recoñeceu o mosteiro da Armenteira (Meis) como Ben de Interese Cultural. 
Este símbolo relixioso e patrimonial da comarca foi o primeiro dunha lista o que lle seguie outro tesouro cambadés o segundo en integrarse neste selecto grupo. Eran as ruínas de Santa Mariña Dozo, un precioso templo do que apenas se conserva o altar, a sancristía e os arcos que formaban a columna vertebral do inmoble. Desde 1943 esta igrexa, hoxe fermoso cemiterio, é o primeiro dos BIC da señorial Cambados. A nosa vila tamén conta no seu haber con outros dous recoñecementos ao seu patrimonio, a torre de San Sadurniño, de novo ruínas, e o Conxunto Histórico, o único da comarca incluído na lista, acompañando a Baiona, Combarro, Agolada ou Pontevedra. O seguinte , en breve, será a mítica Praza de Fefiñans. 
A propósito das mentiras vertidas na prensa polo noso Alcalde, que minte máis que fala, o BNG de Cambados ven de facer a seguinte aclaración:
Afirma  Luis Aragunde que a praza de Fefiñáns xa figura como BIC dentro do recoñecemento outorgado pola Xunta ao conxunto histórico artístico de Cambados no ano 2001. Así é, e así tamén están xa recoñecidos o pazo, con tódalas súas dependencias e anexos, a igrexa de San Bieito co seu adro, e tódalas rúas, prazas, xardíns, pazos, casas, hortas, adegas, etc. que están dentro do ámbito de delimitación do conxunto histórico artístico de Cambados. Pero unha cousa é a declaración de CHA, que comprende todo o que está dentro del, e outra é, como se trata neste caso, da declaración dunha determinada construción sita no seu ámbito como monumento, tal como contempla a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia no seu artigo 8. O pazo de Fefiñáns, coas súas dependencias e anexos, por suposto que ten méritos suficientes para ser declarado monumento. E a praza como un elemento inseparable do pazo, tamén.
O que parece é que a Luis Aragunde non está pola labor de que a praza de Fefiñáns sexa declarada BIC, coa categoría de monumento, porque entón quedaría sen argumentos para seguir en contra da súa peonalización, como así o reclama o BNG desde hai moitos anos e máis do 70% da poboación cambadesa (incluídos por suposto tamén moitos dos seus votantes).
LEI 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
. . . . . . . . .                                         
Capítulo I
Dos bens de interese cultural
Artigo 8. Definición e clasificación.
1.- Os bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia serán declarados bens de interese cultural mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Cultura, e inscribiranse no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
2.- Os bens mobles declarados de interese cultural poderano ser de forma individual ou ben como colección, entendida esta como o conxunto de bens agrupados de xeito misceláneo ou monográfico, logo dun proceso intencional de provisión ou acumulación.
3.- Os bens inmobles serán declarados de interese cultural atendendo ás seguintes clases: monumento, conxunto histórico, xardín histórico, sitio ou territorio histórico, zona arqueolóxica, lugar de interese etnográfico e zona paleontolóxica.
4.- Para os efectos da presente lei, teñen a consideración de:
a) Monumento, a construción ou obra produto da actividade humana, de relevante interese histórico, arquitectónico, arqueolóxico, artístico, etnográfico, científico ou técnico, con inclusión dos mobles, instalacións e accesorios que expresamente se sinalen como parte integrante del, e que por si soa constitúa unha unidade singular.
b) Conxunto histórico, a agrupación de bens inmobles que forman unha unidade de asentamento, continua ou dispersa, condicionada por unha estrutura física representativa da evolución dunha comunidade humana, por ser testemuño da súa cultura ou constituír un valor de uso e gozo para a colectividade, aínda que individualmente non teñan unha especial relevancia.

¡¡¡ENTERADO LUISIÑO!!!

Ningún comentario: