13 de out. de 2012

MARIA DEL CARMEN DA RUA RODAS LEVOU O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE ADORNOS DE BALCÓNS, VENTAS E FACHADAS DA VIRXE DAS ANSGUSTIAS DE FEFIÑANS

Por primeira vez celebrouse o I Concurso de Adornos de Balcóns, Ventás e Fachadas da Festa das Angustias en Triana - Fefiñans. O Concurso estaba dotada cun premio de
100 € para o primeiro, 75 € para o segundo e de 50 € para o terceiro. 
O xurado estaba composto por Pilar Costa (en representación do PP), Fatima Abal (PSOE) e Xaquín Charlin (BNG), presentaronse a concurso cinco balconadas quedando do seguinte xeito: Maria del Carmen de Rua Rodas en primeiro lugar, Silvia Rial da Rúa Sevilla en segundo lugar, Tucho Sabaris de Rúa Novedades en terceiro lugar e Lourdes Pérez Besada de Rua Rodas e “B y B Peluqueria” de Praza San Gregorio “ex aequo” en cuarto lugar. Os premios foron entregados ó rematar a procesión polo Alcalde de Cambados Luis Aragunde. O certame estivo moi disputado e pudo gañar calqueira dos que se presentaron xa que a diferenza de puntos foi mínima. Calqueira dubida ou desconfianza sobre o xurado (que representaban o tres partidos politicos con representación no concello de Cambados) carece de todo fundamento e o que si podemos dicir á que a Comisión de Festas non tivo que ver nada coa elección dos premiados. 
O que se diga en contrario son verdadeiras  “tonterias”.  Podes ver as fotos dos premiados a continuación,  e na columna da dereita podes ver fotos da festa. Reiteramos dende este espazo os nosos parabéns a Comisión de Festas e especialmente a súa presidente Maria José Martinez que en apenas dous anos están a levantar unha celebración que estaba totalmente esquecida dando exemplo as demais comisións de cómo se organiza unha festa. Estamos seguros de que para o ano que ven isto irá mais. Grazas a Pastora Pillado e Rita Rial polas fotos. Por certo podes ver videos da procesión e da festa si entras no facebook http://www.facebook.com/rita.rialsabaris?fref=ts  

1º PREMIO
2º PREMIO
3º PREMIO (NON TEMOS FOTO)
4º PREMIO
4º PREMIO

Ningún comentario: