22 de out. de 2012

NON PODEMOS BOTARLLE A CULPA SEMPRE AS CIRCUNSTANCIAS

Antes de facer ningún balance sobre o resultados de onte teño que expresar a meu  mais sinceiro respeto e admiración pola xente do BNG que traballou arreo en Cambados e en toda Galicia nestas eleccións a pe de rúa, colocando carteis,
repartindo progaganda, apoderados, interventores etc. . Eles foron sen ningún xénero de dubidas o millor  desta campaña. Eu vou analizar o que foron , o meu xuizo,  as eleccións en Cambados. Tendo en conta  que a abstención superou en 9,18 puntos as eleccións de 2009, todos os partidos perderon votos agás Anova, excisión do BNG. Concretamente o PP baixou 4,2 puntos porcentuais e 889 votos, o PSOE baixou 7,76 puntos e 852 votos, o BNG baixou 3,69 puntos e 475 votos menos. Evidentemente Anova irrumpe con forza acadando 884 votos, pero non chegou a superar o BNG como pasou nos concellos de Vilagarcia (onde duplicaron o BNG en votos), Vilanova, Illa de Arousa,  Catoira, Ribadumia e O Grove. Podemos dicir que en Cambados o BNG fixo os seus deberes e dos partidos importantes foi o que menos baixou en votos e en porcentaxe. 
O BNG de Cambados, pese a presenza de Anova, ainda que sentiu a exccisión non fixo “tanto dano” como noutros concellos. Pero isa non é a lectura principal, o meu xuizo, o positivo é que se non houbera excisión o nacionalismo seria con diferenza a segunda forza politica do país e acadaria os moi bos resultados con 16 escanos ou quizais algún mais. Dende o BNG entendo que non sempre se lle pode botar  a culpa a axentes alleos, hai que facer autocritica, hai que cambiar politicas e incluso si é necesario xentes, hai que falar paseniñamente e o nacionalismo ten  que xuntarse novamente, separados non imos a ningún lado, agás o estrellarnos contra a sumisión dos galegos oU poñerlle en bandexa a victoria ao PP como pasou neste caso. Non é hora de buscar culpables e hora de buscar solucións.O analise a nivel nacional deixo para os prebostes do BNG e Asembleas comarcais e locais, que imaxino haberá, pero o descalabro é dos que marcan época, perderonse 125.323 votos e baixamos 6 puntos porcentuais. Se o nacionalismo segue dividido, non quero alarmar a nadie, pero pode chegar a converterse nunha forza case residual. Hia que analizar os datos friamente , pero  hai que tomar medidas non podemos ficar novamente botandolle a culpa as circunstancias. E de agora en diante traballar mais que nunca por Galicia e polo seu futuro, non podemos nin debemos deixar o noso pais nas mans duns impresentables.

DATOS DE CAMBADOS:



Ningún comentario: