13 de out. de 2012

O BNG PIDE NO CONCELLO DE CAMBADOS UN PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE O PROBLEMA DE ALFAGEME

O problema de Alfageme, desgrazadamente, volta a estar de rabiosa actualidade, grazas a incompetencia do PP o do "pijo" conselleiro  de Industria "Javi Guerra", o mesmo que polo "morro" lle deu 8 millons de euros a unha empresa conserveira
de Cambados que está na mais absoluta das ruinas. 
O BNG ven de publicar no seu blog  que o seu portavoz municipal Víctor Caamaño Rivas ,  ven de presentar un escrito no concello alegando  "que hai uns días asistimos a diferentes informacións que teñen que ver co grupo Alfageme, empresa arraigada no noso concello e que garda relación con moitas das nosas veciñas. Estas informacións que aparecen non teñen nada que ver coa resolución que acordamos no seu día para apoiar a loita das traballadoras e traballadores. 
Este "panda" de incompetentes
estan contra as traballadoras de
Alfageme
A finalidade que estas perseguen de conservar o seu posto de traballo está moi seriamente ameazada por decisións que non teñen que ver con elas; polo que solicitan: que  se celebre un pleno extraordinario coa maior brevidade posíbel para poder debater e posicionarnos diante dos novos acontecementos". Coma sempre estamos seguros de que o incompetente do noso alcalde vai ficar o veira do conselleiro "pijo", e abandonar a súa sorte as cambadesas empregadas  de Alfageme. si Aragunde fora un politico responsabel acordaria a celebración do pleno solicitado do BNG pero como é unha marioneta do presunto cobrador de comisións Toruis, de seguro que vai protexer o "pijo" e o "supercobrador". 
Loitadoras ata a morte. O que ven por detrás "un vendido"

O "pijo" conselleiro decindo "pijadas"

"Denantes mortas que escravas"


Ningún comentario: