8 de nov. de 2012

30.000 EUROS EN MULTAS EN TRES MESES

Eu non sei si é moito ou pouco, ou si está ben ou está mal, pero o dato é o seguinte dende Agosto a Outubro dictáronse varias resolución polo Alcalde de Cambados entre elas as multas de tráfico por valor de 30.040 €. O cal non quere dicir que fora a cantidade recadada, senón a cantidade imposta,
por que despois hai varios factores que inflúen no cobro tales como o pronto pago que ten a súa rebaixa corresponde, recursos que prosperan ou xente que o final non se localiza. 
A multa mais alta  imposta en materia de tráfico acadou os 600 € e a mínima foi de 80 €, levándose a palma  as multas polo valor de 200 € que son a maioría. É un dato obxectivo que se deixa a disposición dos cambadeses, non se critica a ninguén nin a labor dos Axentes, nin a súa efectividade, insistimos é un dato que se deixa a disposición dos veciños, porque todos debemos saber o que fan os nosos gobernantes e autoridades que pagamos cos nosos impostos.

Ningún comentario: