25 de nov. de 2012

A ESTATUA DE FRAGA EN CAMBADOS APARACE PINTADA. CAMBADOS TK DA A PRIMICIA.

Hoxe a páxina dunha das webs máis antiguas de Cambados www.cambados.tk da a primicia da  primeira pintada  da estatua de Fraga, www.cambados.tk dinos que xa van alá case
catro meses desde que a estatua a Manuel Fraga fora inaugurada (un pouco ás agachadas) por parte de cargos do PP no Pazo de Torrado ao final da Festa do Albariño. 


Trala polémica que espertou en Cambados esta homenaxe impulsada polo goberno local (aínda que logo atribuída por el a un “sector do viño” que aínda hoxe non sabemos ben quen é) a escultura foi colocada no Pazo de Torrado. Sorprendentemente, elixiron un lugar dobremente vallado para instalala, segundo o propio Faro de Vigo temeroso o propio goberno local de que sufrira algún “acto vandálico”. Pois ben, parece que as precaucións non foron suficientes.
A primeira imaxe que acompaña esta nova é o aspecto da estatua de Fraga hoxe domingo. Apareceu pintada de cor vermella parte da súa capa, e un símbolo de Superman gravado no seu peito. Descoñecemos se os autores desta “acción” pretendían con ela reclamar que o ex ministro de Franco e ex presidente da Xunta marchara voando de Cambados, ou se simplemente basearon esta pintada nunha das moitas montaxes fotográficas que semanas despois da polémica inauguración se espallaron polas redes (segunda imaxe). O que parece é que a acción non foi nin reivindicada nin “asinada” dalgún xeito polos resposables da mesma. Haberá que agardar para coñecer máis información (se a hai) e reaccións.
¡¡¡Xa tardaban en pintala!!!

Ningún comentario: