25 de nov. de 2012

AIRAS NOVO DISCO

AIRAS está a punto de editar o seu novo cd "A LÓXICA DOS BRUTOS". Xa subirón á rede un tema como adianto. Iran subindo tamén diferentes ideas para a portada partindo de
fotos de arquivo, a portada final será a que máis vos agrade.
Despois do primeiro proxecto no ano 92-98 (periodo no que gravaron 2 maquetas) e tras varios anos de inactividade, Airas retoma a xeira no ano 2006, consolidándose a finais do pasado 2008 a actual formación.
Foron colaboradores habituais nas montaxes teatrais da Compañia Caracol de Cambados (teatro infantil).
Colaboradores das xornadas adicadas a Cabanillas no ano 98, no que se encargaron de deseñar e dirixir o recital poético (participaron entre outros Anxo Angueira e alumnos do IES Ramón Cabanillas)
Musicaron varios dos poemas de Ramón Caride (mestre e amigo) colaborando na presentación dos libros Soños Eléctricos e Flor no deserto.
Unha formación de Airas.
Airas participou nos Circuitos Culturais da Xunta nos anos 93-94-95 con moi boa acollida e con montaxes máis alá do musical, nos que colaboraron compañeiros do teatro, poetas, debuxantes e amigos
Doutras formacións.
Os seus traballos e a "vida" (como a todos!!) impedíronlles continuar o camiño que xa tíñan trazado. Por suposto que seguen coa mesma idea: a música como remedio pra os males todos (sobre todo sicolóxicos!). Se a alma existe... teñen que chegar a ela, se non pra que carallo estamos no mundo !!

INFLUENCIAS
rock clasico, rock español, canción de autor, e outras.
MEMBROS
kevi aragunde (voz e guitarra)
karlos abal (guitarra, mandolina e coros)
sito suárez (guitarras)
dani vieites (batería)
alberto rial (baixo)

Adiantamos un tema do seu novo disco: Gerundio.

Ningún comentario: