19 de nov. de 2012

ARREGLO FALLIDO

O día 2 de novembro pasado denunciabamos neste mesmo blog que  na rúa Fonte de Fefiñans mesmo fronte a oficina de emprego pódese ver o mal  estado doutro farol. Diciamos e esperabamos  que o concello se puxera mans o asunto
e procederan o inmediato arranxo da mesma, pois en calquer momento pode causar danos o vítimas,  xa que é un lugar moi transitado por xente que vai a oficina de emprego, xente que vai o xulgado e o rexistro da propiedade,  e por nenos que se dirixen ó Colexio Magariños, e esperebamos tamén que o arranxo non consista en poñerlle cinta americana como fixeron no foco antes citado. 
Hoxe mesmo unha brigada do Concello fixo un intento fallido, toda vez que non foron capaces de sacarlle os tornillos a farola polo oxido que tiñan. O Alcalde Luis Aragunde tardou 17 días en dar a orde para reparar a farola, e ainda que o intento fora fallido, sabemos que Luis está detrás. ¡Como para estar tranquilos amigos!



Ningún comentario: