Da noxo e vergoña ver como toda unha institución futbolística da comarca do Salnés como o Club Juventud de Cambados se derruba pouco a pouco como un fráxil castelo de naipes,
diante da indiferenza e desapiadada mirada dos centos de afeccionados que nos mellores días de esplendor e gloria do equipo amárelo ateigaban coa súa axitadora presenza as acolledoras bancadas do hai tempo inexistente Campo da Merced.
diante da indiferenza e desapiadada mirada dos centos de afeccionados que nos mellores días de esplendor e gloria do equipo amárelo ateigaban coa súa axitadora presenza as acolledoras bancadas do hai tempo inexistente Campo da Merced.
Da coraxe ver como as todopoderosas adegas que facturan uns cantos millón de euros o ano, medran para arriba como a escuma, adquirindo afamados pazos e mercando tamén adegas na denominación de orixe da Rioxa. Non dan nin un puto peso para o patrocinio e axuda do deporte cambadés en xeral. Lamentable.
Houbo centos de miles de euros para patrocinar o luxoso e privilexiado deporte da vela con afamados patróns capitaneando os lendarios barcos.
Houbo cartos a esgalla para investir en carísimas promocións por parte do Consello Regulador polo mundo adiante, que a día de hoxe non se sabe que resultado deron, nin se pide explicación por parte de socios adegueiros nin do partido que goberna.
![]() |
| Miguel Muñoz na Merced. |
Cando unha institución deportiva, cultural ou veciñal, morre nun pobo como o de Cambados, algo dentro de cada un de nos morre tamén.
MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.

.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario