15 de nov. de 2012

EXPLOSIVAS, CONTUNDENTES E GRAVISIMAS ACUSACIÓNS DE JOSE LUIS VILLANUEVA.

“CADA DÍA ENTRAN 15 TONELADAS DE MARISCO DE XEITO FRAUDULENTO”
OS DEPURADORES “OS CLAROS CULPABLES”

O presidente da Agrupación de Parquistas de Carril, José Luís Villanueva, fala claro no Diario de Arousa un dia destes: : “Cada día están entrando non mercado máis de quince toneladas de marisco de xeito fraudulento coa Administración mirando para outro lado”. Os datos son extraídos dun estudo que os parquistas encargaron ante a caída de prezos do marisco e a perda de poder adquisitivo do sector. “Algún caso resolverase nos xulgados, pero a Agrupación fará ou que ten que facer e non se vai a achicar”, advirte.
José Luis Villanueva
Villanueva apunta os depuradores como “os claros culpables” desta situación ao que se suma a crise económica. “Estamos vivindo unha situación leonina cos depuradores”. A cúpula de Agade minte a diario cando di que se trata dunha mala racha para todos”, advirte.
Cualifica de “prepotente” a actitude dos comercializadores e da Federación Galega de Confrarías ao non invitar á Agrupación de Parquistas ao encontro celebrado a semana pasada para buscar fórmulas que axuden ao repunte de prezos do marisco. “Carril ten un sector que vende unha importante cantidade de ameixa e a Agrupación non foi invitada. É cabreante a prepotencia dás súas declaracións”, apunta.
CAMPAÑA DE NADAL
O presidente da Agrupación de Parquistas de Carril asegura que as perspectivas para a campaña de Nadal non son boas. E é que apunta “estanse almacenando ameixas de Portugal en depuradoras e viveiros en terra para evitar que os prezos repunten”. Para Villanueva a solución a esta “profunda crise” debe pasar por garantir a trazabilidad. “É preciso dignificar ou traballo dous mariscadores. Hai xente que vive nunha situación de semiesclavitude”, asegura.
CARLOS MARTINEZ: “Que entra marisco fraudulento e un feito incotestabel.”
Carlos Martinez, en declaracións a este blog, presidente da Agrupación dos Rañeiros dixo que son certas estas declaracións no que se refire ó marisco fraudulento, que está vindo moito marisco de Portugal e doutros sitios a dous e tres euros o kilo e a veces incluso algún con toxina.  Carlos Martinez non se pronuncia o respecto de que os depuradores son ” os claros culpables”, el dixo que ”non quero entrar nese tema” porque é un pouco complicado, o si é certo e que a reunión do outro día entre as confrarias e as depuradores non valeu absolutamente para nada..
Non fai moitos os rañeiros de Cambados xa puxeron o grito no ceo, a súa situación e límite, non gañan, a veces nin para gasoliña, e si que a administración ten moita parte de culpa nesto.
REPRESENTANTE DAS DEPURADORAS: “APUNTAR CO DEDO O SECTOR COMERCIALIZADOR, DENOTA IGNORANCIA”
Un representante das depuradoras, que falou a titulo particular para este blog pero non estamos autorizados a dicir o seu nome  tampouco anda con chiquitas e dixo: “Apuntar co dedo o sector comercializador de todolos males do marisqueo denota sobre todo ignorancia do que acontece a caron do sector do marisqueo,porque a dia de hoxe comprar a 4 e vender a 12 non é posibel ( a menos que non saiba diferenciar unha ameixa Fina dunha Xaponica,que pode ser o caso).
O que esta claro e que e fundamental dignificar o traballo,non son concebibles ingresos miseros despois de un dia enteiro de traballo,non se poden vender especies a 3,4 ou 5 € (chegan o mercado nacional a 6-7€) e voltar a vendelas o dia seguinte...”
Este mesmo representante das depuradores propon solucións e preguntase:
“Por que non se resembran esas especies en terrenos da propia confraria e deste xeito poder aumentar a produccion propia ,facer rendible espacios sen produccion e por outro lado non aumentar mais Stock diario?
Por que non se fan campañas de Promocion para especies coma a Ameixa Babosa (Esta demostrado que as campañas teñen unha importante relacion no indice de ventas sobre a promocion en cuestion,como o caso do peixe Azul,Bonito,mexilon,....).
As importancions sen control doutros paises fannos tanto dano a todolos depuradores que traballamos legalmente coma o propio sector marisqueiro (por contra todos aqueles que importen ilegalmente teñen pingues beneficios)
.A que se espera a crear unha Denominacion de Orixe Protexida do marisco Galego ou de Arousa 
Pluralizar e acusar de Usurero sen razon,non ten razon de ser”
E continua a dicir este depurador: "O debate da responsabilidade ou non do sector comercializador queda solapado pola dificil ou imposible solucion a corto-medio prazo da situacion da frota de marisqueo a frote en Arousa ,e coma sempre todos en xeral somos mais dados a buscar culpables que solucions.
E todos, son os eslabons da cadea que en vez de estar en conxunto fican ciscados.
A falla de comunicacion entre os pilares basicos e constante ( Produccion-Administracion-Comercializacion) resulta incoherente que non haxa consultas entre a produccion e a comercializacion( e viceversa) na hora de abrir as zoas productivas.
O exceso de tutela por parte das administracions,os personalismos de alguns cargos por riba do sector,as fallas de previsions a largo prazo por parte dos sectores implicados.....levan a unha situacion extrema tanto a uns coma outros.
A situacion na comercializacion e limite, estructuras creadas en base os volumenes de produccion dos anos 80 actualmente estan sobredimensionadas co problema de costes que fan inasumibles o descenso de produccion e ventas que estan a acaecer nestes ultimos anos”.
A polémica está servida.

Ningún comentario: