ELES, OS DO PP, SI QUE SON OS PARASITOS DESTA SOCIEDADE.
Estimado cambadés:
Se o seu concepto de FUNCIONARIO é o de "vago”enchufado que vive á conta dos meus impostos" e ALÉGRASE das conxelacións de soldo, recortes estatais e dos novos recortes de soldo da Xunta de Galicia , da Deputación de Pontevedra e do Concello de Cambados aos funcionarios, déixeme recordarlle que, entre outras cousas:
-SE ESTA ENFERMO e necesita asistencia (máis lle vale que non, porque tal como están as cousas ou é rico ou se morre) atenderalle un funcionario un médico íntegro e profesional como D. Aldo Huri, por poñer un exemplo.
- SE TEN que renovar ou xestionar calquera documento público, (polo que terá que pagar taxas a partir danova LPG) atenderalle un funcionario, com calquera dos profesionais que temos no concello de Cambados, agás duas excepcións que non imos nomear.
- SE TEN FILLOS en idade escolar, ten que xestionar matricúlalas e as bolsas (cada vez máis difíciles), e que lles eduquen e cóidenlles, farao un funcionario, da categoria profesional e huma de Domin, de Adela, de Maria Pedreira, en fin de tantos e tan bos mestres.
- SE NECESITA solicitar unha subvención, ou unha axuda, ou unha pensión, ou unha prestación de desemprego ou de calqueraoutro tipo, atenderalle un funcionario.
- SE NECESITA unha licenza, un permiso, ou calquera outra autorización, atenderalle un funcionario.
- SE NECESITA seguridade ou protección fronte a delitos ou ataques persoais, atenderalle un funcionario, que se xogan a vida tales como a Garda Civil de Cambados ou a Policia Local do noso pobo.
- SE NECESITA que lle xestionen a súa demanda ou a súa denuncia, e busca xustiza, atenderalle un funcionario da categoria profesional do cambadés Joaquin Agiño.
- SE POR DESGRAZA sofre un incendio ou inundación na súa vivenda, ou calquera problema que requira de axuda urxente, atenderanlle funcionarios como os do corpo de bombeiros do Salnés que se xogan a súa vida por Vde desinteresadamente.
Ademais ha de considerar, que un funcionario non conseguiu o seu posto de traballo fixo "a dedo" como se fai dende algún tempo no Concello de Cambados , senón que previamente tivo que estudar para obter unha titulación e despois superar unhas probas de acceso que lle custaron uns cantos anos de estudo e sacrificio, e que algúns temos salarios mileuristas, e que a nosa única vantaxe é ter un traballo estable (ata un novo "decretazo"do PP nos mande o carallo).
Como o resto dos cidadáns ese funcionario TAMBIEN PAGA hipotecas ou alugueres, gas, luz, gasolina e demais impostos que nos tocan a todos, e se a ese funcionario recórtanlle o soldo, para axustarse á súa nova situación
económica, é probable que entre outras cousas:
- DEIXE de tomarse o cortado ou almorzar na cafetería onde traballa vostede ou algún familiar seu.
- DEIXE de comprar roupa, zapatos, xoguetes, etc. da tenda onde traballa vostede ou algún familiar seu.
- DEIXE pendente para algún ano máis, cambiar a pintura ou calquera reparación na casa que non sexa urxente, e que posiblemente sería realizada pola empresa de vostede ou dalgún familiar seu.
- DEIXE de saír os domingos a comer coa súa familia no restaurante onde traballa vostede ou algún familiar seu.
- DEIXE de viaxar na compañía aérea ou marítima onde traballa vostede ou algún familiar seu.
- DEIXE de reservar o fin de semana no hotel ou casa rural onde traballa vostede ou algún familiar seu.
- DEIXE de gastar máis do estritamente necesario en: Alcampo, Carrefour, Mercadona, El corte ingles, Eroski, Leroy Merlin, Decathlon etc., onde traballa vostede ou algún familiar seu.
E que en consecuencia, ante a baixada de ingresos destes negocios, o empresario teña que despedirlle a vostede ou algún familiar seu (cunha indemnización infame grazas á nova reforma laboral do PP), ou se vostede é o empresario co tempo posiblemente verase obrigado a pechar.
Crea estimado cidadán que EU NON ME ALEGRAREI cando iso suceda, intentarei seguirlle atendendo coa maior calidade que poida no servizo público que vostede demanda e que eu tamén pago cos meus impostos.
E o que é máis importante, déixeme recordarlle que os banqueiros, políticos coma Luis Aragunde, José manuel Cores touris, Rafael Louzan , Rosa Oubiña, presidentes, ministros, conselleiros, e demais altos cargos deste país e desta comunidade autónoma: NON SON FUNCIONARIOS son ¡¡¡PARASITOS!!!.







Ningún comentario:
Publicar un comentario