30 de nov. de 2012

O PP LEVA TEMPO FACENDOLLE GUIÑOS A MANOLO PAZ.

Quen lle ia dicir fai moitos anos a Manolo Paz, precursor de ideas desidentes , sempre  alleo co poder establecido que o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, a deputada,
Ana Isabel Vázquez, e o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, visitaran as instalacións da Fundación na parroquia de Castrelo. O propio artista foi o encargado de realizar unha visita guiada polas diferentes obras de arte e esculturas existentes na parcela que acolle esta fundación, e que foi e é o taller de traballo deste escultor coñecido e respectado internacionalmente. 
Louzán, "que non ten nin puta idea de arte", a arte que mellor coñece e facer cartos como sexa,  explicou que ambas as entidades “estamos traballando e perfilando distintas ideas e posibilidades para levar adiante un proxecto expositivo”. Segundo o presidente, a intención será colaborar na posta en marcha dunha exposición o próximo ano 2013. De feito, nestes momentos estanse coordinando distintos aspectos da mesma que se darán a coñecer nos próximos meses.  Si esto llo din a Manolo fai vinte anos que  ia a ter o Rabiso (Louzán), a unha amija do Rabiso e a Luisiño, qaue ainda non nacera cando empezou a esculpir,  visitando o seu espazo en Castrelo pegarialle a risa ata dicir basta.
Nesta mesma liña, fontes da Deputación recordaron que a institución recoñeceu a traxectoria artística do escultor cambadés co Premio Deputación 2011, na categoría de cultura e arte. Con esta distinción, quixo galardoar a contribución de Paz á proxección nacional e internacional da arte galega. 
Tamén fixo un breve repaso polo amplo currículo de Paz que naceu en 1957 en Castrelo, no seo dunha familia humilde e traballadora que atendía negocios de carnicería e do campo. 
Foi na súa casa familiar onde comezou a súa paixón pola escultura a través das tallas de madeira que realizaba coa súa navalla. Entre 1978 e 1979 estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, de Santiago de Compostela e as súas primeiras exposicións públicas tiveron lugar en 1979. Xa en 1980 empezou a traballar como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio, actividade que desenvolvería ata 1990. Logo, entre 1992 e 1994, viviu e traballou en Nova York.  É incrible Manolo que sempre repudio ao PP agora estes viven a súa conta e a súa fama.
Manolo Paz traballa granito, fundamentalmente, pero tamén madeira e metal, aínda que a pedra é o seu material fetiche. 
Ademais do recoñecemento recibido pola Deputación, en canto ao ámbito local, foi distinguido coa distinción da vieira e a de Cabaleiro do Albariño, na última edición da festa vinícola, antes  tamén foi boina especial na festa de Barrantes e moito antes  chalequeiro de Unha Grande Chea, que non ten parangón cos titulos recibidos posteriormente. Manolo quen te viu e quen te ve de recibir honores de Unha Grande Chea  a recibir honores de todo un presidente da dePUTAción como é o Rabiso.



1 comentario:

o quinto dixo...

o noso quinto manoliño o porqueiro veseñe o plumeiro, de disidente da ultradereita franquista que esta a gobernar nada de nada, interesañe deixarse querer o,agora xa non e ningun probe das ezquerdas importañe un carallo