18 de nov. de 2012

UN VECIÑO DE VILARIÑO DENUNCIA NO SEU FACEBOOK OS ABUSOS QUE SE ESTÁN A FACER NO RIO UMIA

En plan ironico , pero o tema é moi grave, un veciño de Vilariño ven a denunciar a grande atropelo que se está a facer co Rio Umia no seu paso pola parroquia de Vilariño, este veciño di no seu facebook: ”Sabedes que temos un embalse na parroquia e
non o sabiamos, mira de que bonito! inda no chegou a encherse de auga pero cando veñan as riadas vamos disfrutar dun pantano en toda a desembocadura do Umia... Os que teñan as casas perto do río poderan salir a nadar das casas, e non teran que fregar a casa, xa o fará o río por eles, e un choio! 
Din os inxenieiros que diseñaron a ponte da autovia e a edar que a auga vai salir o mar polo centro de Cambados, si, mais menos por onde está o concello... Lástima! Pidamos que nunca teñan que abrirlle o encoro de Caldas, porque si eso pasa vai morrer moita xente... Unha foto da ponte por onde vai salir a auga dende Forcarei, que é onde nace o río Umia...”. Eu visitei o lugar personalmente e comprobin  a pe de rio todo o  que está a contar esta persoa de Vilariño o cal tamén nos di e nos advirte: “Por outro lado. Manda carallo o abandonado que temos o río, é a cloaca de todos... Pronto vamos meter as parras do albariño no medio do río. Algen pensa ducharse co albariño! Se non coidamos a auga vamos ter que... Estas fotos (as fotos do final do artigo) foron sacadas en menos dun kilometro da xunqueira...”
Unha depuradora con escollera incluida.
Como vedes este veciño  dinos que ate poder haber mortos e non é crear alarma, el dino con coñecemento de causa e  que si coinciden unha marea chea, un día fortte de chovia, e teñen que alixerar auga do pantano do Umia, a catastrofe poder de moi señor meu.
Tamén se construeu unha depuradora coa anuencia da Xunta de Galicia. Isto reza no seu cartel: Xunta de Galicia – Administración Hidrúlica de Galicia – Edar de Ribadumia – clave OH-336945. Orzamento 7.001.077,23 € - Empresa obras Hidraulicas S.A. – Construcción Obras e viais S.A. – Proxecto financiado pola Unión Europea – Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – (Feder)
A mais curioso desta depuradora e que está construida no cauce do rio , elevarona e fixeronlle unha escullera porque obviamente temen inundacións. Por certo a vista da obra vos creedes que eso valeu 7 millóns de euros. Cantos comisións se cobraran ahí?. Nas fotos  que vede a continuación poñemos os comentarios realizados polo autor das mesmas. 
Hoxe propoño un paseo a caron do río Umia, na parroqui de Vilarriño. A ver que vos parece! Vamos alá: Temos un parque para disfrutar das aves...
A menos de cen metros do parque, temos outro tipo de parque, onde se pode ver as xunqueiras do Umia.
Nas xunqueiras do Umia habitan uns animais cuirosos, o especimen da foto foi pillado en plena faena... Os outros animales que habitan non se ven...
Temos mais especies raras nas xunqueiras do Umia. Mirade!
Tamen temos:


Non podian faltar estes coñecidos dos catalogos faunisticos...
Neste ecosistema hai de todo...
Unha angia! Non é un angiacho, jajaja


Ningún comentario: