13 de dec. de 2012

BOMBAZO INFORMATIVO: CAMBADOS TK DESCUBRE A NOME DE QUEN ESTÁ A CONTA COA QUE PAGARON A ESTATUA DE FRAGA.

TRÁTASE DE MANUEL NOYA FIGUEROA, HOME "VINCULADO" O PP.
Sen dúbida un bombazo informativo o que ven de publicar hoxe o  web con mais historia de Cambados e a precursora das demais www.cambados.tk , quen ven de amosarnos quen é a persoa titular da conta coa que se pagou a estatua de Fraga, e non é outro que Manuel Noya Figueroa, pai
de exconcelleiro do PP de Cambados Manuel Noya Chaves. Noya Figueroa, case con toda seguridade é  militante do PP de Cambados e asiduo dos plenos do concello cambadés foi  da “Sociedad Agraria de Transformación (SAT) da Agrupación de Cosecheiros de Albariño de Vilariño-Cambados”, o xérmolo do que finalmente foi a grande adega Martín Códax (quen  rexeitou oficialmente vincularse coa iniciativa da estatua). 
Foto publicado en Faro de Vigo,
Noya é o cuarto pola dereita.
Polo que www.cambados.tk, conclue: 
"""1.- Sabemos desde hai meses que a conta bancaria foi unha artimaña que o Concello quixo empregar para xustificar a mala idea da estatua. Demostrouno o xornal Faro de Vigo nun claro artigo sobre  as versións contraditorias de Aragunde.
2.- A conta foi efectivamente creada, e salta á vista o vínculo co Partido Popular, o cal confirma aínda máis que a idea de creala vén dese entorno. As principais adegas, incluída Martín Códax, rexeitaron ter que ver co asunto. O “sector do viño” que sacou a relucir Aragunde está reducido, de momento, á adega Bouza de Carril e a Manuel Noya. Queda claro que a palabra “sector” se emprega a cotío moi lixeiramente. Aínda que polo menos, desde o PP tiveron a “delicadeza” de que fora unha persoa relacionada co viño a que abrira a conta."""
O seu fillo Manuel Noya , pese a non ser concelleiro segue
vinculado tamén o PP.
Aconsellamos leer o artigo completo premendo AQUÍ.
Todo este volve a deixar a Aragunde como que  é, un verdadeiro trampón, ou sexa unha persoa que falta reiteradamente a verdade.
Reiteramos os nosos parabéns a www.cambados.tk, por este bombazo informativo. 

Lista do PP que gañou as eleccións en 1987, o fillo do protagonista é o número 5.

Ningún comentario: