CAMBADOS TK PECHA PROVISIONALMENTE
Aínda que esperaba a nova non por iso non deixa de ser un día triste para este blog e os que traballamos nel. Cambados TK pecha provisionalmente o seu portal na rede por razóns laborais. A “puta” crise fai que os mellores cerebros deste pais
como o caso de Óscar Pardo Planas teñan que emigrar para facerse un camiño na vida mentres aquí nos deixan seres grises como Louzán , Tourís ou Aragunde amasando grandes fortunas e os seus cachorros enchufados en postos de privilexio, sen ningunha clase de estudos, a súa vágaxe é ser do PP.
como o caso de Óscar Pardo Planas teñan que emigrar para facerse un camiño na vida mentres aquí nos deixan seres grises como Louzán , Tourís ou Aragunde amasando grandes fortunas e os seus cachorros enchufados en postos de privilexio, sen ningunha clase de estudos, a súa vágaxe é ser do PP.
![]() |
Foi un pracer estar na mesma candidatura que Oscar |
Cambados TK foi para este blog o norte nisto da rede de redes, sempre foi o espello onde mirarnos, un pouco mais combativo, mais arriscado, se queredes, pero sempre profesando unha absoluta admiración pola páxina amiga. Cando coñecín a Óscar era un rapaz que estaba rematando a adolescencia, un xa nacionalista convencido, véndose nel unha serie de virtudes que logo empezou a desenrolar, colaboracións, charlas, algunha que outra desavinza pero case nada. Foi un pracer traballar con el nas Municipais do 2011, axudándolle a realizar os vídeos de campaña. Unha vez díxenlle a un persoeiro do BNG de Cambados, para min este rapaz é o futuro líder desta formación en Cambados.
Desgraciadamente non foi así e acontecementos posteriores fixeron que Óscar se fora para outra formación , para min politicamente foi un gran pau, porque traballar o lado del era algo marabilloso, espero que nun futuro nos volvamos a ver politicamente na casa común do nacionalismo , chámese como se chame. Menos mal que é provisorio o titulo do seu artigo é moi explícito “”CTK “declara unha tregua”, mais non “entregará as armas””. Non sei cando volverá Óscar pero cando o faga seguro que volverá con novos bríos e posiblemente o PP siga campando as súas anchas, e volva a intentar outra nova entrevista con Luís Aragunde, ese que di que o alcalde de todos os Cambadeses, pero que “no da entrevistas a los blogs progresistas”. Óscar puxo a Aragunde entre a espada e a parede desafiando a que o botara fora do salón de plenos por gravar, no último pleno que tivo lugar no concello, a ver agora que nos vai deixar os testemuños como facía Óscar.
![]() |
Ogallá che vaia ven en EEUU |
Tamén foi un dos precursores da Asoblog (Asociación dos blogueiros do Salnés) E que dicir da “movida” das estatuas”, que foi todo un "bombazo" no pobo e unha contrariedade para o PP. En fin Óscar deséxoche o mellor nesta longa noite de pedra americana, que che vaia ben e sei que no que fagas vas triunfar porque eres un fenómeno. Por certo de todos os xeitos se queres matar o “aburrimento” de vez en cando, aquí tes unha páxina para colaborar como si fora túa. Unha aperta sinceira e nacionalista.
1 comentario:
Moitas grazas Chon! Como sempre che digo, creo que te pasas comigo (de ben), e que non merezo tales calificativos.
En certa maneira Cambados(tk) e os espazos que ti levaches ("Unha Grande Chea" primeiro, "A ti meu Cambados" agora) foron complementarios,e dentro dunha óptica contraria "aos que mandan" levaron a mensaxe, de formas diferentes, pero na mesma dirección. Foi un pracer compartir espazo na rede contigo, e foi un pracer terte coñecido (ti es, posiblemente, desa xente coa que entrei en contacto a través disto). E pracer foi tamén colaborar no BNG de Cambados e ter integrado a súas candidaturas. Quizais discrepemos algo no tema "organizacións políticas", no pasado e no presente, neste lío do nacionalismo... mais seguro que no futuro volveremos estar dacordo, como ti ben indicas.
Recollo o convite que me lanzas ao final. Francamente, levo unhas horas coa "tregua" declarada e xa teño mono jeje así que pode que algunha vez che mande algo, non sei! O que si sei é que seguirei todo o que acontece en Cambados grazas ao teu espazo na rede. E que espero que a miña situación persoal (e a de moitos mozos do país) sexa pasaxeira, e rematemos traballando na nosa terra e creando riqueza aquí. E tamén loitando! Que son tempos que requiren de moita rebeldía para non acabarmos verdadeiramente mal. E, entón, pode Cambados(tk) volva e cando o faga volverá forte :D
Apertas grandes,
Óscar
Publicar un comentario