6 de dec. de 2012

O DÍA DA BICICLETA DE CAMBADOS TRASLÁDASE AO SÁBADO POLA CHOIVA

As previsións meteorolóxicas, que anuncian choivas para hoxe, obrigaron ao adiamento do Día da Bicicleta que se celebrará en Cambados organizado por A Voz de Galicia. Un
adiamento curto, porque será apenas de corenta e oito horas, e que traslada o evento da matinal de hoxe xoves -como estaba previsto- á do sábado.
O cambio de data non será a única variación do evento, que tamén sufrirá unha pequeno cambio no percorrido previsto nun inicio. Esta modificación chega obrigada pola celebración do mercadillo na vila do albariño pero non alterará a esencia do mesmo. A Voz organizou este ano unha vintena de Días da Bicicleta por toda Galicia. 

Ningún comentario: