Pouco a pouco imos coñecendo, ata a súa presentación oficial, a programación de Radio Salnés, neste caso acábanos de informar Fernando Charlin, un dos seus responsables en
que vai consistir esta vasta programación deportiva. O programa como xa sabedes pódese escoitar nas frecuencias 107.9, 89.9 e 101.8. O programa de deportes comezará as 15 horas e rematará as 16 horas.
que vai consistir esta vasta programación deportiva. O programa como xa sabedes pódese escoitar nas frecuencias 107.9, 89.9 e 101.8. O programa de deportes comezará as 15 horas e rematará as 16 horas.
![]() |
Fernando Charlin, un dos responsables de deportes |
En principio o luns farase un comentario xeral do acontecido en todo fin de semana no deporte cambadés, resultados, clasificacións etc e un repaso tamén como andan os nosos principais clubs. O Martes adicarase integramente o fútbol base no que se incluirá unha entrevista a algún rapaz ou rapaza que destaque. Mentres o mércores terán un tratamento especial o baloncesto, voleibol, tenis de mesa, natación e demais deportes. O Xoves, adicarase a entrevistas sobre todo con algún presidente ou adestrador. O venres informaranos amplamente de que vai acontecer o fin de semana con horarios de partidos e toda a información que precisemos para acudir os desprazamentos dos nosos equipos.
Tamén nos informan que a partir de mañan xa sairán a antena novos programas de todas as novas da comarca e programas de música de produción “made in Cambados”.
Reitero o apoio deste humilde blog e a vosa disposición no que queirades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario