26 de xan. de 2013

“HABELAS”, ENCHE A SALA RIVAS BRIONES NA SÚA PRIMEIRA EXPOSICIÓN.

MOITA XENTE DE CAMBADOS NA INAUGURACIÓN.
Onte fun un dos afortunados en ir a exposición que o colectivo “Habelas” inaugurou na vila
veciña. Quedei asombrado da cantidade de artistas de Arousa, moitos deles cambadeses,  que hai , e todos xuntos nunha exposición. A xente de Cambados non faltou a cita a ali poidemos ver a Victor Caamaño, portavoz do BNG (por certo único politico cambadés na exposición), o pintor e mestre Manolo Busto, e tantos e tantos cambadeses que non se quixeron perder a cita a inauguración desta exposición a cal encarecidamente aconsellamos unha visita,  estará aberta ate o vindeiro 24 de febreiro.
O colectivo Habelas,  que designou a este exposición  "Conexións" na que 29 autores de Vilagarcía e tamén procedentes doutros municipios dos alrededores, con gran protagonismo de Cambados,  exhiben múltiples traballos de pintura, escultura, fotografía, cortometrajes, deseño e miniaturas.
A sala Rivas Briones quedouse pequena para acoller a gran afluencia de persoas que non quixeron perderse a vistosa e interesante inauguración da mostra, que comezou cun monólogo dramático a cargo de Tatana Teatro, unha compañía de Vilanova. Logo proxectáronse tres curtos -todos eles cunha duración inferior aos quince minutos-, dos que o público poderá gozar durante todo o mes que se prolonga a exposición -ata o 24 de febreiro-. "Clases do social a tempo" é obra de Pablo Cacheda, "Vía Crucis", de Joan Ríos e Alba Pérez, e "Gorrillas", de Eloy Puga.
Unha das organizadoras de "Conexións", Isabel Otero, quere agradecer a Mr. Misto a súa colaboración co préstamo de material.
Por que "Conexións"? "É unha exposición que conecta a uns artistas porque moitos non se coñecen", explica Otero. E é que na mostra non só participan membros de Habelas, senón que tamén se exhiben obras doutras persoas. "Na asociación non temos a ninguén de artes plásticas", di a organizadora.
"Conexións" é a primeira mostra en bastante tempo que ocupa as dúas plantas da sala Rivas Briones. 
O s afortunados que acudimos a exposición  fumos agasallados cun estupendo catalago non que se poden ver  todas as obras da exposición.

Ningún comentario: