23 de xan. de 2013

QUEREMOS GALEGO SALNÉS INVITA A TODOS A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN DO DOMINGO.

Dende a Chegada deste  goberno do PP a Xunta de Galicia tense producido o maior ataque a nosa lingua. Este goberno da Xunta  co seu presidente Nuñez Feijoo a cabeza,  e en connivencia cos sectores mais reaccionarios e extremistas da dereita españolista esta a levar adiante unha política
de ataque en contra do uso do galego. Todas e cada unha das medidas executadas polos gobernos do Sr. Feijoo e PP no ámbito da lingua teñen ido a anular medidas positivas para o noso idioma e os dereitos lingüisticos que nos asisten ou frear proxectos destinados a tales fins.
Todo elo a forza de rachar consensos , non respetar acordos e sacando decretos ilegais en contra do Estatuto de Autonomía e da propia  Constitución.
Estes feitos teñen provocado as maiores manifestacións que se teñen producido na Galiza, manifestacións que deixaron patente que a inmensa maioría da sociedade galega está en contra das medidas que están a tomar os gobernos do Sr. Nuñez Feijoo en contra do Galego. 

A teima deste goberno por liquidar a nosa lingua fai que continue e pretenda seguer impoñendo un decreto do ensino do galego que varias sentenzas teñen declarado ilegal. Así este goberno pretende seguer adiante e impoñernos un decreto, mal chamado do “plurilingüísmo”, en contra do ensino en galego a pesares de que o TSXG tenno  declarado ilegal e a pesares tamén de que o propio Tribunal Superior de Xusticia de Galicia e o Consello Europeo, insisten en que este goberno da Xunta debe cambiar o runbo e defender e potenciar o noso idioma.

Fronte a este empeño do PP e o goberno da Xunta por acabar coa nosa lingua os galegos e galegas debemos e vamos a seguer a manifestar a nosa oposición a imposición deste “Decretazo” (Decreto 79/2010 ) en contra do ensino en galego por parte da Xunta e “ Lei da Wertgoña” (Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que pretende imponer o goberno do PP de Mariano Rajoy.

Por todo isto dende a Plataforma Queremos Galego  do Salnés facemos un chamamento a Tod@s @s cidadáns desta comarca a acudir a manifestarse este domingo 27 as 12h. na  Alameda de Santiago co fin de seguer a reivindicar e defender o noso idioma.


PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO DO SALNÉS
http://www.queremosgalego.org/


MANIFESTO DA PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO


Queremos galego na escola!
 Derrogación XA do decretazo!

 O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo” son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística.

 O Tribunal dálle así a razón aos miles de persoas que saíron á rúa nas históricas manifestacións convocadas en defensa da nosa lingua. Ao mesmo tempo, o discurso do PP sobre as linguas no ensino, que xa estaba deslexitimado pola súa falta de apoio nas comunidades educativas, por ser un discurso crispante, por ser antipedagóxico ou por vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, está agora, ademais, claramente considerado pola xustiza como fóra da legalidade. 
Este decretazo contra o galego debe ser derrogado de forma inmediata e o Goberno galego debe promulgar unha nova norma que se basee no acordado por unanimidade parlamentar no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que: 

- Garanta a educación en galego na educación infantil para todas as nenas e todos os nenos galegofalantes e poña especial atendemento didáctico na incorporación a este idioma por parte do alumnado residente en contextos familiares e ambientais castelanófonos, fixando, como mínimo, o 50% do horario semanal en galego nesta etapa educativa para os contextos e contornos en que a lingua predominante sexa o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se vaia incrementando progresivamente. 

- Garanta que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego en primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos, que o galego non estea prohibido en ningunha materia e que todas e todos os estudantes finalicen cada etapa educativa con suficientes destrezas comunicativas en galego. 

- Desenvolva un plan de formación para que todo o persoal dos centros educaticos de Galiza teña unha competencia oral e escrita suficiente para comunicarse e para desenvolver a súa actividade profesional en galego.

Ningún comentario: