26 de feb. de 2013

A MALDADE DE LUIS ARAGUNDE DIFICULTA A LABOR DA OPOSICIÓN

O BNG VOLVE A PEDIR A LISTA DE INVITADOS O XANTAR DO ALBARIÑO 2012 E AS CONTAS DA FESTA.
OS NACIONALISTAS REITERAN A SOLICITUDE DO SEIS DE AGOSTO PASADO.
Xa non é teimudez, nin tan sequera deixadez, é maldade a que ten o noso Alcalde Luis Aragunde, o cal entorpece adrede a labor do BNG que consiste precisamente en fiscalizar a sua labor. Luis faino  sendo coñeceder que así "fode" o BNG, e sabe a ciencia certa que entorpece a súa labor.  Hoxe no blog do BNG  vemos unha escrito  que nos di   que o día 6 de agosto de 2012 presentouse unha solicitude no concello que pedía textualmente: “lle sexa facilitado ao grupo municipal do BNG o listado de comensais convidados polo concello ao  Xantar da Festa do Albariño deste ano, onde se aclare os/as que asistiron realmente, así como se levaron ou non acompañantes tamén convidados/as e o motivo polo que as citadas persoas foron invitadas polo concello ao Xantar deste ano. Solicita, así mesmo, que sexan facilitadas as contas relativas á Festa do albariño deste ano”. 
Que no pleno de agosto de 2012, o alcalde,  respondeulles dicindo que pronto se lles facilitaría a información solicitada, aínda que a día de hoxe seguen  agardando  por ela, despois de pedila novamente, en forma de rogo, nos plenos de outubro e decembro. Como queira que o actual alcalde xamais lles facilitou, “polas boas”, dita información (só recorrendo ao Valedor do Pobo conseguiu o BNG acadar parte da información solicitada), consideran que o actual sería un bo momento para que o PP de Cambados, nun alarde de transparencia, dera un exemplo ao PP a nivel estatal, pois recordámoslle que os gobernantes e xestores públicos non deben ocultar información á cidadanía pois foi ela que os puxo nese posto. O BNG ven a solicitar  que“lle sexa facilitado ao grupo municipal do BNG o listado de comensais convidados polo concello ao  Xantar da Festa do Albariño do ano 2012, onde se aclare os/as que asistiron realmente, así como se levaron ou non acompañantes tamén convidados/as e o motivo polo que as citadas persoas foron invitadas polo concello ao Xantar deste ano. Solicita, así mesmo, que sexan facilitadas as contas relativas á Festa do albariño dese ano”
 A que lle chama o noso alcalde "pronto" un día, un mes, tres meses , ou oito meses que van xa ala sen facilitar información. Cantas veces nos ten dito o Secretario da corporación que a información que pedimos tena dispoñible pero que non nola facilita porque Luis Aragunde non quere.  Despois temos que oir a trampón do noso Alcalde decir nos medios que o BNG ten a información o día. 

Fotos; Facebook. 

Ningún comentario: