25 de feb. de 2013

CAMBADOS SEGUIRÁ SEN SARXENTO TITULAR

O sarxento da policía de Cambados segue en Ourense.
Maximino Cid Ferro pide por terceiro ano a renovación da comisión de servizos 
O sarxento da Policía Local de Cambados, Maximino Cid Ferro, seguirá outro ano en Ourense. O policía quere renovar ata marzo de
2014 a comisión de servizos que pediu a finais do inverno de 2011, e grazas á cal na actualidade traballa na Policía Local da cidade das Burgas, de onde el é natural. 
Cid Ferro reuneuse co alcalde de Cambados, Luís Aragunde, para expoñerlle este desexo, e ao parecer o rexidor non lle puxo pegas á solicitude, co que o ganador da polémica oposición a sarxento convocada polo Concello a principios da década pasada seguirá fóra os próximos meses. 
Cid Ferro pediu unha comisión de servizos a principios de 2011, alegando que desexaba volver a Ourense un tempo por motivos persoais. E aínda que inicialmente tanto el como Luís Aragunde manifestaron que a marcha non sería moi larga -de feito contaban con que regresase para o verán dese ano- ao final a volta se ha ir alargando indefinidamente. Entre tanto se ocupan da dirección da policía cambadesa o cabo José Antonio Padín ou, en ausencia deste, Antonio Torres. 
Maximino foi non seu día un home que recibiu unm trato case inhumán por parte dos nosos gobernantes, especialmente por Touris, pese a elo Maximino, aparte da súa condición de Xefe da Policia Local, facia unha serie de actividades extras dignas de encomio e pareciadas por todos os cambadeses, botase de menos.

Ningún comentario: