24 de feb. de 2013

FAISCAS E XIRONSA HONRARON A ROSALIA EN CAMBADOS

Hoxe  domingo 24 de febreiro (Día de Rosalía e 176 aniversario do seu nacemento), celebrouse a “Alborada para Rosalía”, un acto promovido pola
Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos.
En Camnbados e tal como asnunciamos neste blog o acto tivo lugar o pe do monumento a Ramón Cambanillas no Paseo da Calzada alí Xaquin Xesteira deu lectura o Manifesto por Rosalia que era lido  o mesmo tempo en toda a nosa nación e Faiscas interpretou varios temas adicados a nosa ilustre escritora. De seguido podeves ver e oir o manifesto lido por Xaquin: 


Pero outro grupo tamén se sumou a estes actos e non foron outros que os rapaces de Xironsa que tamén interpretaron unhas pezas polas rúas cambadesas, parando especialmente na Praza de Alfredo Brañas. 










Ningún comentario: