22 de feb. de 2013

LOUZAN NON A QUERE SACAR FORA

  POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Na súa pasada edición dixital  do dia 19 de febreiro o xornal “El Pais” colgaba unha noticia
que cando menos che fai que pensar, o titular viña a dicir “Louzán oculta su declaración tras prometer divulgarla” e na mesma se contaba que tras o intención do presidente Feijoo de publicar as súas derradeiras declaracións da renda e preguntado Louzán se tamén faría o mesmo, o presidente da Deputación de Pontevedra dixo que a súa declaración estaba depositada na secretaria da Deputación e que calquera podería vela. 
      O mesmo xornal indicaba que isto non era certo pois, segundo informa un portavoz do gabinete de Louzán, so se amosaría  baixo requirimento xudicial e que so se faría pública en caso de acordo de todos o partidos, que é o mesmo que dicir que non se amosará, pois con dicirlle a o seu partido que se opoña a tal iniciativa , cuestión saldada. 
       A pregunta que eu me fago e, de seguro que ti tamén querido lector, é ¿que ten que o ocultar o noso “honrado” e “nobre” presidente da Deputación de Pontevedra o Sr. Rafael Louzán? ¿que pode ocultar a súa declaración da renda que nos poda sorprender?.
      Se partimos de que coñecemos o seu soldo como Presidente da Deputación, o cal atopase entorno ós 79.000 euros anuais (mais dietas), ¿a que ben tanto escurantismo? ¿acaso hai algo que quere agachar o Rafael Louzán? ¿que pensará o seu amado compañeiro de partido e presidente do goberno Mariano Rajoy que no debate sobre o estado da nación, encheuse a boca dicindo que ía a presentar unha serie de medidas para atallar e corrupción e (cito textualmente) “devolver la confianza de los ciudadanos en sus representantes”. 
¿É así como espera Rajoy que os cidadáns recuperemos a confianza cando non sabemos nin sequera canto gañou (e como o gañou) Rafael Louzán? Este tipo de actitudes son as que nos fan perder a pouca fe que tiñamos depositadas non nosos gobernantes. 
Rafael Louzán por crer non cre ni na institución que preside e non o digo eu dixo el mesmo na entrevista concedida a o xornal “La Voz de Galicia” en data 30 de xullo do 2012 “está claro o potenciamos las Diputaciones o las hacemos desaparecer”. 
¿Onde se veu que un presidente diga que e o mesmo potenciar unha institución que facela desaparecer? ¿realmente para que serven hoxe en dia as Deputacións Provinciais coa nosa actual distribución administrativa? ¿que función teñen?. As Deputacións Provinciais do estado  cústanlle a todolos cidadáns mais del mil millóns de euros cada ano, mil millóns de euros que  quitamos de outros sitios onde fan verdadeira falta como é a educación, a sanidade, dependencia etc. 
A sombra das Deputacións Provinciais xurdiron e creceron personaxes dunha catadura moral digna de estudio como Carlos Fabra en Castellón, que para xustificar mais de 2, 2 millóns de euros dixo que lle había tocado a lotería sete veces e fai uns anos ante a proximidade do gordo de Nadal declarou sen ningún rubor: “He comprado el 27.931 y si me toca me sacaré la pirula y mearé en la sede de Izquierda Unida”; todo un exemplo para o cargo que ostentaba entonces e, quizais, agora se comprende mellor aquel “¡que se jodan! que a súa filla lle dedicou a os parados no Congreso dos Deputados ...... “o que se herda non se compra”.
Eu non sei se Louzán é un político honrado pero dende logo actitudes como estas non fan se non que medre a desconfianza e as dubidas na clase política en xeral e neste personaxe en particular. 

UN SAUDO A TODOS 

                   RICARDO DOMINGUEZ REY










PD.as motanxes son do administrador , con todo "cariño" para o meu "amigo" Louzán.

Ningún comentario: