4 de feb. de 2013

TOURÍS “PISA” UN ACTO DO COLECTIVO ECOLOXISTA.

EL E O DIRECTOR XERAL DA CONSERVACIÓN DA NATUREZA COA ANUENCIA DA PRENSA AROUSÁN
FANSE INMERECIDAMENTE PROTAGONISTAS DO ACTO
O pasado 28 de xaneiro pasado o blog dos ecoloxistas do Salnés “colgaba” no mesmo o seguinte anuncio”O próximo sábado 2 de febreiro imos observar aves no Intermareal Umia-O Grove. Agardámoste.” E continuaban dicindo no blog “O próximo  sábado 2 de febreiro, en conmemoración do día dos humidais imos facer unha observación de aves nun destes ecosistemas vitais”.
Sabidos do feito estes dous “fantasmas” , e dicir Tourís e o director Xeral da Conservación dá natureza Ricardo Garcia Borregón, quen fai honor a segunda parte do apelido, chamaron a presidenta do colectivo ecoloxista do Salnés para si podían estar no lugar acompañándoos, a presidente non lle puxo ningún inconveniente. 
Victor coa presidenta do colectivo ecoloxista.
Pero que fixeron a maiores estas dous fantasmas? Pois chamaron a prensa de Arousa dicíndolle que ían celebrar o día dos humidais, e resulta que eles levaron todo o protagonismo do acto, coa anuencia  incrible da prensa. Lémbrome cando nun mitin do Partido Popular nunhas eleccións locais fai uns anos Tourís dicía referíndose a Victor Caamaño “Polos outros presentase ese que anda a ver os paxaros”, referíndose peiorativamente a Victor Caamaño, e resulta que o pasar do tempo este home que salia nun xulgado de Melide , ao parecer protagonizando unha comisión de 9000 euros, resulta que agora, paradoxalmente, tamén anda a mirar os paxaros. O deferencia que hai  entre Victor e el son moitas empezando por que Victor é un home honrrado,  outra é  que Victor pertence o Colectivo Ecoloxista e este aproveitado, Touris,  só vai para saír na prensa como un amante da natureza, pero Tourís non vas enganar a ningún cambadés pois acabas de cometer un dos feitos  mais denigrantes  contra a natureza,  pelar un monte como o Pinal de Maza para colocar un viñedo  de xeito cando menos, pouco ético, por non dicir ilegal. “A Deus rogando, co mazo dando”.


Ningún comentario: