23 de feb. de 2013

UNHA ENTRADA DUN BLOG CAMBADES NO TOP TEN DA PÁXINA DO OBXERVATORIO DE RECURSOS HUMANOS

ESTE OBSERVATORIO EXAMINA CENTOS DE BLOGS DE TODA ESPAÑA NESTA MATERIA.
O blog cambadés ADEPtos RRHH, asociado a ASOBLOG,   eadministrado polo licenciado en Pagoxía Xaquin Charlin  Piñeiro e cun master en Recursos Humáns,  logrouse colocar no Top  Ten do Observatorio de Recursos Humanos a nivel estatal o que amosa calidade da entrada. A entrada en si titulabase “Redes Sociales Corporativas”, concretamente no Posto Nº 6.
Xaquin Charlin Piñeiro
O Observatorio de Recursos Humanos e Relacións Laborais é unha revista dirixida a directivos e profesionais, que desexan actualizar os seus coñecementos sobre xestión, administración e xestión laboral cunha selección rigorosa de información, análise e opinión. 
A Blogosfera de Recursos Humanos e Relacións Laborais é como a antiga ágora grega: un espazo vivo, rico e diverso, onde se reúnen mercadores, vendedores de fume, buscadores de fortuna, pero tamén pensadores interesantes. Todas as tendencias, todas as opinións, todas a críticas teñen o seu lugar. Moita palla, pero tamén moi bo gran, como o artigo do cambadés.





Ningún comentario: