UNHA OPORTUNIDADE MARABILLOSA PARA LUIS ARAGUNDE DE SER TRANSPARENTE.
Hoxe este blog publica a nova de que a causa de Touris no xulgado de Arzua segue adiante segúndo o xornal "El Pais", en base a esta información do xornal madrileño BNG de Cambados, ven de presentar no día de hoxe, segundo fai constar na súa páxina web no que entre outras cousas di que no xornal “El País” na edición de hoxe (martes, 26 de marzo) confírmase que o Xulgado de Arzúa está a investigar unha gravación que involucra ao concello de Cambados e, máis concretamente, ao exalcalde e Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís, por supostos cobros ilegais de comisións a cambio de concesión de obras no noso concello.
Segue decindo no seu escrito o BNG que o motivo que desencadeou este caso foi unha gravación na que se afirma que Cores Tourís recibiu 9.000 € pola realización da contratación irregular dunha obra, no concello de Cambados, á empresa Excamel (concretamente pola “rehabilitación e mellora de centros de servizos deportivos en Cambados e Burgáns” por un importe de 112.558 €). Ademais segundo consta na páxina web do concello, dita contratación foi asinada polo actual alcalde con data de 31 de marzo de 2010, nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, que recorreu ao “procedemento negociado sen publicidade”. Polo que, supoñemos, que o Xulgado de Arzúa debeu solicitar información, sobre este caso, ao concello de Cambados.
Recordan os nacionalistas, así mesmo, que os feitos que están a ser investigados polo citado xulgado saltaron aos medios de comunicación xa no pasado mes de outubro e que con tal motivo o grupo municipal do BNG solicitou a creación dunha Comisión de Investigación a nivel municipal; proposta que, ao seu entender,Luis Aragunde desestimou erroneamente. E afirman, os nacionalistas, que erroneamente, porque desde as administracións se debe mostrar en todo momento a máxima transparencia e colaboración para tratar de aclarar calquera caso de presunta corrupción. Hoxe, máis ca nunca, a cidadanía está a esixir transparencia e contundencia cos casos de corrupción por parte dos seus representantes políticos e o Alcalde Luis Aragunde non pode defraudalos. Porque este caso pode ser motivo de supostos delitos de suborno e prevaricación, coa gravidade e alarma social que estas noticias están a crear, sería imprescindible que desde o concello que Luis Aragunde preside, se fixera todo o posible por tratar de aclarar, canto antes, a veracidade deste caso. Os cidadáns agradeceríanlle que desde o Concello se mostrara unha posición clara e contundente contra este tipo de actuacións e que se manifestara a vontade política necesaria para trata de aclarar, urxentemente, este asunto.
Dinlle os nacionalistas a Luis que como representante da cidadanía ten na súa man, novamente, a obriga de non defraudala, polo que debe actuar veloz e eficazmente na aclaración e resolución deste caso que está a transmitir unha imaxe negativa dun importante representante do seu partido político que ademais foi rexedor deste concello, sendo Luis Aragunde o seu tenente alcalde.
Solicita o BNG novamente, que o concello queLuis Aragunde preside constitúa, urxentemente, unha Comisión de Investigación na que estean presentes membros de todos os grupos políticos que forman parte da corporación municipal, de xeito que con ela se transmita a mensaxe contundente á cidadanía de que desde a alcaldía do Concello de Cambados se fará todo o posible por aclarar e solucionar, con premura, este caso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario