XAQUIN, ROI E ANXO XESTEIRA DERON UN MINI-CONCERTO NO ACTO.
Esta sala da rúa O Mariño foi na noite deste venres o escenario da presentación en sociedade da “liña de moda exclusiva e con denominación de orixe” de Floreano, a popular
personaxe de banda deseñada do humorista grovense con ascendencia cambadesa José Ángel Rodríguez López, Gogue.
personaxe de banda deseñada do humorista grovense con ascendencia cambadesa José Ángel Rodríguez López, Gogue.
Con música a cargo de Xaquin, Roi e Anxo Xesteira e teatro estreáronse neste acto presentado por Manuel Turnes ás diferentes prendas que conforman esta liña de moda de Floreano, o protagonista da tira cómica que Gogue publica diariamente desde hai 23 anos no xornal Faro de Vigo e que tras ser inmortalizada en 2011 cunha estatua na Praza de Arriba abandona agora o papel para converterse no estampado de diferentes camisetas.
Xunto con outros personaxes desta tira cómica, como Monchiña ou Epi, ou elementos recorrentes das viñetas como as moscas, Floreano deu este venres un orixinal salto ao mundo do textil, a través dunhas camisetas que ademais de en diferentes establecementos da localidade tamén se poden adquirir na web www.floreano.com.
Podes ver unha reportaxe fotográfica do acto, premendo AQUI.
Grazas a http://www.todogrove.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario