14 de mar. de 2013

INCREMENTO DE SETE PIAS EN PLENA CRISE?

NON CHEIRA MAL ISTO?
Onte lemos na Voz de Galicia que o Alcalde Cambados pide a Xunta que autorice a ampliar o polígono de Sete Pias a segue a dicir a nova  que Luis, reuniuse  coa secretaria xeral de
Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o ínclito delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, para analizar a posibilidade de impulsar a tramitación dunha modificación do plan urbanístico do municipio co obxectivo ampliar o polígono industrial de Sete Pías.
Os do Pinal de Maza queren facer agora
o seu "agosto" en  Sete Pias.
O Concello pretende incorporar 250.000 metros cadrados clasificados como forestal para cualificalos como industrial, co fin de atender a demanda de chan que se produce por parte de empresas que xa están asentadas en Sete Pías. Desde a Xunta informan que a modificación urbanística é «viable» na medida que non hai valores a protexer nin casas cerca.
Para que a modificación entre en vigor aínda queda por diante un longo trámite que concluiría co visto e prace do Consello da Xunta.
Non vos sona isto?. , hai que facer aquí as seguintes preguntas ou valoracións como queirades.-
1º.- Non é esto o mismo que había que facer no asunto do Pinal de Maza, e dicir  tantos metros cadrados como forestal calificalos  como agrícolas neste caso.
2º.- Estamos a falar de 250.000 metros cadrados, unha grande extensión de terreo, cando hai no propio polígono moitas naves pechadas  por falta de actividade, isto non é comprensible.
3º.- Non vos cheira outra vez a especulación para favorecer os seus amigos?.

A realidade do Póligono e que está practicamente deserto.

Ningún comentario: