1 de mar. de 2013

LOUZAN SEGUE A SER O PEOR AMIGO DO CAN

 POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Fai uns días publicábase neste mesmo blog a nova de que a
canceira de Meis comezaría a funcionar neste mes de marzo, tamén destacábase que a xestión inicial correría a cargo de Tragsa, sen que a Deputación Provincial atendese a petición do Refuxio de Animais de Cambados para crear unha rede de centros de acolleita con base central en ditas instalacións.  Tamén destacaba o artigo, con bo atino, que todo presupón, en base a os datos amosados, que en realidade mais que adopcións nestas instalacións fomentarase o exterminio de cans. 
      Eu  fai uns meses xa comentei, neste mesmo lugar, que opinaba deste tema e das declaracións do  Presidente da Deputación, o sempre “educado” sr. Rafael Louzán de que  “a mi los perros me la sudan”, eu entón sinalaba (con certa sorna) que “sendo xuntos a Louzán gústanlle  moito os animais; en concreto dous tipos, por un lado, os touros, sobre todo, para ir a velos na praza de Pontevedra durante as festas da Peregrina, e poder sentarse ao carón de Rajoy (outro gran amante dos animais) e o outro tipo de animais que lle gusta a Louzán son   ós  de mar, mais concretamente, ós  que se poden comer acompañados cunha botella de albariño : nécoras, centolas, lumbrigantes etc. ...distes animais o noso querido presidente de seguro que,  tamén, é un gran defensor”. Dicía todo isto porque o amor e o cariño á raza canina non representan ningún dos valores polos que se move Rafael Louzán.
      Os que tedes cans coma min seguro que sabedes do que vos estou  falando, dende logo cando alguén dixo por primeira vez que  “o can é o mellor amigo do home” non podía ter mais razón; a interrelación que se produce entre home e can é un sentimento demasiado complexo para que o poida comprender o presidente da Deputación, ocupado en saciar necesidades mais básicas é como se intentásemos que o Australopithecus apreciase a beleza de  “Las Meninas” de Velázquez ou as emocións que esperta escoitar a Novena Sinfonía de Beethoven; son estadios de compresión emocional demasiados complexos para o presidente da Deputación. 
      Aínda que se o pensamos friamente ¿como vamos esperar que Louzán poida ter un mínimo de compaixón cara  aos animais si non a ten nin sequera cos membros da súa propia especie que o están pasando  tan mal nesta época? Xente humilde, sen estudios en algún caso, que foron enganadas pola súa entidade financeira  de toda a vida, depositando nas preferentes todos os seus aforros coa promesa de que os podían recuperar en calquera momento. Xente que por culpa da crise, crise da que eles non foron en absoluto os causantes, que perderon o seu traballo, a súa vivenda, con fillos menores en moitos casos ¿onde esta o apoio do presidente da Deputación cos seus cidadáns mais necesitados? ¿montando “pachangas” millonarias  para os seus amigotes no Pasaron? ¿levantando pousadas absurdas que compiten deslealmente co resto dos negocios de hostalería?.
      ¿A que ven ese desprezo por parte dos dirixentes da dereita co resto dos seres do reino animal? Fai unhas semanas neste blog, Xaquín Charlín  comentaba como Tourís apareceu nun acto do Colectivo Ecoloxista do Salnés, simplemente, para saír na foto, intentando levarse todo o protagonismo; o mesmo Tourís que fai uns anos nunhas eleccións definiu a Víctor Caamaño, candidato do BNG, como “ese que anda a ver os paxaros” intentando ofender con tal afirmación. 
      Para a túa ignorancia, Tourís, ese “ver os paxaros” ten un nome (quizais demasiado complexo pra ti) chamado ORNITOLOXIA, e forma parte dunha ciencia chamada BIOLOXIA e, dende logo, é unha actividade moito mais fermosa e didáctica que andar a contar billetes de 500 euros pero, claro, ti como Louzán tedes unhas prioridades mais acordes coas vosas capacidades e inquietudes e nunca chegaredes a apreciar  o maxestoso voo dunha aguia ou o curioso balbordo dun lagarteiro..... por certo, aproveito para felicitar e destacar toda a labor  que leva a cabo o Colectivo Ecoloxista do Salnés. 
      Para finalizar esperemos que Tragsa, unha vez que comece a andar a canceira de Meis, opte por unha política de transparencia informativa e teña a ben informarnos, xa sexa a través de rexistros, informes,  memorias etc. do destino de cada can que entra nas súas instalacións, se ben é adoptado  ou, como nos tememos moitos acaban na cámara de gas, porque o algún dia ese can extraviado e que vai a parar a canceira de Meis  pode ser o de calquera  de nos. 
      
      UN SAUDO A TODOS
      RICARDO DOMINGUEZ REY

Ningún comentario: