TAMÉN ESTÁ PREVISTA A CONFECCIÓN DUN LIBRO.
Fontes do Club Juventud de Cambados, acaban de informar que A cea do 50 Aniversario do Club está xa contratada e ultimada. O Evento vai ser no prestixioso Restuarante Forniños de Cambadoso o vindeiro 20 de abril, o menú vai consistir en varias tapas a modo de aperitivos, seguido de varias racións de langustinos tanto cocido como a brasa, rodaballo a plancha e ternera con
guarnición, ademais de viños Albariño e Rioxa, con baile e barra libre, cun prezo por persoa de 45 euros.
guarnición, ademais de viños Albariño e Rioxa, con baile e barra libre, cun prezo por persoa de 45 euros.
Ademais no transcurso da cea sortearanse agasallos entre os asistentes tales como un fin de semana nun Spad, camisetas do aniversario, lotes de viño e outros agasallos.
Ademais o Club está a recabar de afeccionados e xogadores fotos para realizar un libro do club contada por ex xogadores e directivos, todos que queiran participar poden pasar polas oficinas do club ou enviando un correo a clubjuventudcambados@hotmail.com
Dicir tamén que están a venda e a beneficio da base do Club Juventud Cambados un sorteo con motivo tamén do 50 aniversario, consistente o primeiro premio nunha Play Statión 3, segundo premio unha cea menú degustación para duas persoas no Restaurante Yayo Daporta e o terceiro premio son varios agasallos (cestas de protuctos gourment elaboradas por Gastro Galicia e tickets regalo en diferentes tendas do noso pobo). Os agraciados serán os posuidores dos boletos extraídos no sorteo que se vai celebrar na cea do 50 aniversario do clube.

Ningún comentario:
Publicar un comentario