-60 € POR INCINERAR UN CAN
-TRAGSA, GRAZAS A LOUZAN FAI O NEGOCIO DA SÚA VIDA. TODO QUEDA NA CASA.
A Diputación aprobou recientemente os prezos públicos do servizo de lacería provincial que gestionará a empresa Tragsa, na canceira da Armenteira (Meis). Segundo o anuncio da institución provincial, son aplicables a todas as persoas xurídicas e físicas que soliciten ou resulten beneficiadas da prestación dos mesmos.
A atención sanitaria dos animais custará 30 ou 50 euros, segundo si é ordinaria ou en horario nocturno (20 a 8 horas) ou festivo. Respecto de a aplicación do programa de desparasitación e vacunación, o prezo é de 30 euros; e de 40 pola identificación oficial dun pero e a súa inclusión no rexistro autonómico.
A adopción e a entrega de cans tamén terá un custo: de 60 euros para canes maiores de tres meses e a metade para os menores desa idade. Prezos máis baixos que os ofrecidos por outras entidades. Ademais, o transporte dos mesmos, vivos ou mortos, ascenderá a 35 euros.
A táboa de prezos tamén recolle a aplicación de eutanasia cando estea gravemente ferido ou por motivos de benestar animal (60 euros); e a xestión de cadáveres de ata 25 quilos de peso (30 euros), de 26 a 40 quilos (37euros ) e de máis de 40 (51 euros).
A empresa xestora será a encargada da liquidación e cobro das tarifas e informará, por escrito, a cada un dos interesados, respecto dos importes correspondentes polos servizos prestados. No caso de atencións prestadas por solicitude do interesado, cobraránselle antes de realizalos; e cando se realicen de oficio, antes de retirar ao animal da perrera.
O reglamento redactado pola Diputación tamén recolle que no caso de que o animal non sexa recollido nos prazos legalmente establecidos, se incoará o correspondente expediente sancionador, liquidándose os gastos orixinados polo seu mantemento xunto coa resolución sancionadora.
Cabo recordar, que a intención da institución provincial é que o servizo entre a funcionar nestes días, coa xestión de Tragsa de xeito provisional. Dará servizo a 47 concellos. No Salnés, a todos excepto Vilagarcía e Cambados. Cada un aportará 0,3 euros por veciño e a Diputación 136.368 euros ao ano.




Ningún comentario:
Publicar un comentario