1 de mar. de 2013

ONTE APROBOUSE POLO PP OS ORZAMENTOS DO ENCHUFISMO E CONTINUISMO

INTERVENCIÓN DE VICTOR CAAMAÑO VOCEIRO DO BNG  NO PLENO DE ONTE EN MATERIA DE ORZAMENTOS
Hai  uns días liamos  nos medios de comunicación que os orzamentos 2013 eran continuistas; semella que esas declaracións partían deste concello e cremos que definen moi ben o que realmente son. 
Por esa razón quero recordar que o BNG non apoiou os anteriores orzamentos e que non encontramos razóns para apoiar os deste ano 2013 sendo realmente moi semellantes aos anteriores. Que a isto se suman outras razóns: non asumimos nin o actual nivel de endebedamento do 50%, nin a débeda de aproximadamente 4´5 millóns, e non o apoiamos porque xamais se buscou consenso cos grupos políticos da oposición, en ningún aspecto correspondente á elaboración do orzamento deste concello, tampouco se tiveron en conta, en ningunha ocasión, ningún tipo de propostas económicas feitas polo BNG. E tampouco nos parece ben que se repitan todos os anos os continuas irregularidades sinaladas pola intervención –son inasumibles para o BNG- sen que se vexa propósito de enmenda por parte do grupo de goberno do PP.
* Lista irregularidades intervención
 (1) no que atinxe ás aplicacións de PRODUTIVIDADE – que o pleno fixe os criterios obxectivos – queremos transparencia- para que a alcaldía distribúa  as cantidade consignadas en concepto de produtividade-; 
(2) no que atinxe ás GRATIFICACIÓNS – que as horas extraordinarias terán unha consideración excepcional e debe constar a petición razoada da necesidade de realizalas. Estamos a agardar aínda hoxe a información solicitada sobre estes asuntos -produtividade, gratificacións-, solicitada o 25 de novembro e, de novo, a semana pasada.
(3) no que atinxe ao PERSOAL LABORAL TEMPORAL- debe limitarse a súa contratación a situacións de absoluta necesidade e de carácter non permanente (Proposta BNG: “listas de contratación públicas xa”)-; 
(4) no que atinxe a que o concello non poderá converter en fixa ou indefinida unha relación laboral de carácter temporal;(pero o fixo co posto de asesor xurídicoe podería facelo con outros)
(5) no referido ás contratacións temporais amparadas en subvencións que son fraudulentas cando se formalizan para atender tarefas normais e permanentes do concello; 
(6) no referido a que as limpadoras aparecen no cadro de retribucións a xornada completa mentres que prestan servizos a media xornada; 
(7) que a técnica museística aparece como grupo A2, nivel 22,  pero as súas retribucións son correspondentes ás do grupo C1, nivel 18, por ser esta ás da praza pola cal superou as probas selectivas; 
(8)  a irregularidade das prazas fixas que aparecen dotadas orzamentariamente e ocupadas interinamente desde o proceso selectivo do ano 2006 –paralizado sen xustificación segundo intervención; por culpa do bipartito segundo o concello- 
(9) en proxectos técnicos e direccións de obras debe rematar a práctica habitual de incluír no presuposto de execución por contrata os honorarios de redacción do proxecto; ademais por existir funcionarios no departamento de urbanismo, debería constar a razón pola que se procede a contratar un servizo externo
* E tampouco apoiamos este orzamento porque nel está reflectida toda a subida de taxas e impostos deste último ano, subida por riba do IPC en moitos casos e subida que non tivo en conta a situación de excepcionalidade dramático-económica pola que están a pasar gran parte dos nosos veciños e veciñas. Este goberno municipal non mostrou ningún tipo de sensibilidade especial coas familias que o están a pasar peor durante esta crise económica: 
-esaxeradas subas de impostos
-bolsas de ensino: 7.000 €. Non ten en conta nin alumnado de primaria, secundaria bacharelato (material escolar, libros de texto), nin alumnado de CM (necesitan transporte igual ca os de CS). O BNG leva dous ano propoñéndoo sen resposta (ademais carencia de promoción: nin  ANPAS, nin equipos directivos teñen coñecemento de que  existan bolsas de ensino en Cambados).
-Aprazamento e fraccionamento de débedas: o xuro de demora do 5% (altísimo), as débedas superiores a 18.000 € necesitan abal, hai que demostrar  capacidade de xeración de recursos, ata 600 €: 4 meses, ata 1.500: 6 meses… (a xente que ten dificultades para pagar alugueres, luz…teñen problemas económicos tan graves, non poden demostrar ter moita capacidade económica e tampouco poden pagar mensualidades de máis de 100 €/mes. Esta normativa debe flexibilizarse neste concello igual que  se está a facer noutros.
* A parte das críticas sinaladas anteriormente, cabe dicir, que este documento mostra ben pouco a aposta polo modelo de concello que pretende o PP:
- Utilízanse os cartos das partidas correspondentes a determinados postos de traballo vacantes (xamais se deberon haber creado: Inspector Principal : 31.859 €; 3. Oficial PM: 23.448 €;) para calquera tipo de gasto: práctica habitual que demostra que o orzamento deste concello non é utilizado para planificar (utilizado exclusivamente para os gastos correntes). Cómpre axustar a plantilla do concello á realidade.
- Cobranza Oral: 260.000 € é moito pagar por este servizo (debería ser  prestado por persoal do concello: existe a Vacante Administrativo recadador: 23.954€ -hai partida destinada-) do concello
- Báixase 10.000 € a partida de festexos (mero maquillaxe) pero despois, como todos os anos, páganse con cartos doutras partidas como se vai a comprobar nos seguinte puntos do pleno (expediente de creto extraordinario –inclúense uns gastos en festexos por valor de máis de 80.000 €-: non hai cartos na partida correspondente). Pero non hai unha intención real de baixalo, senón simplemente de dar unha imaxe irreal de austeridade.
- Ademais seguimos mantendo que a asignación dos tres asesores do alcalde é esaxerado para este concello (1 sería suficiente e aclarar o asunto das horas extraordinarias). Igual que  nun concello coma o noso, sobra un asesor xurídico que nos costa 46.000 €. Igual que non é de recibo que nun momento como este se estean pagando dous técnicos de urbanismo (aparellador, arquitecto) cando no momento de máis volume de traballo só había un.
- Compre ser realistas: alleamento de parcelas do polígono: 300.000 €; compra de terreos no rural: 300.000 €; (levamos máis de 10 anos con esta historia) en fin: pouco realismo (solucionar dunha vez este problema)
- Inversións para o 2013: 21.295 € (simbólico; é este o proxecto do PP para o ano 2013)

* E con respecto á Liquidación 2012 que ven incluída neste orzamento, debemos apuntar unha serie de cuestións:
Había contemplado un Gasto inicial (igual ca o ingreso inicial) de  8.296.176 € pero os gastos aprobados superan a previsión e son de 8.379.218 € (gástase de máis: nova falta de previsión). Pero, logo, destes gastos só se pagan 7.568.163 €, é dicir, queda pendente de pago 811.054 € (que son moitos cartos sen pagar).
E dos Ingresos, que había previsto 7.988.129 €, só se ingresa 7.430.252 € (Pendente de cobro: 557.877 €). En conclusión; realmente os gastos son maiores do agardado e os ingresos son menores do esperado; isto non augura un bo futuro nas contas.
Se comparamos o aprobado como ingresos, 7.988.129 €, e o aprobado como gastos, 8.379.218 €, vemos que se crea un déficit de – 391.088 €, aínda que despois se maquille con remanentes, a realidade é que se gasta máis do que se ingresa.
Ademais, este ano o Orzamento 2013 sube un pouco respecto ao do pasado ano e será de  8.485.316 €, pero o razoable observando o panorama económico actual, con máis paro e máis pobreza, o normal será plantexar que os ingresos do concello diminúan con respecto ao pasado ano e como consecuencia o déficit do concello sexa aínda maior, polo que por esta razón tamén nos semellan uns orzamentos pouco realistas.
Uns orzamentos que o BNG non vai apoiar polas razóns expostas.


Ningún comentario: