22 de mar. de 2013

OS “GORRILLAS” LEVAN EN CAMBADOS DENDE O ANO 1987

O outro día o periódico “A Voz de Galicia” publicaba o seguinte titular na súa sección de Arousa “Os gorrillas chegan a Cambados e xeran queixas veciñais”
Atentos lemos a nova que dicia:”””O fenómeno
dos gorrillas -persoas que piden unha esmola en zonas de aparcadoiro- aínda non chegara a Cambados, pero desde hai uns meses empezan a verse merodear polas inmediacións da praza de abastos, entre a chaira do centro de saúde e o aparcadoiro situado fronte á Cultural. 
Non consta que haxa ningún incidente por este motivo pero na Policía Local xa se recibiron queixas veciñais de persoas que din ter medo a deixar alí os seus coches, por temor a represalias dos gorrillas por non darlles diñeiro.
Intervención policial
Onte á unha e media da tarde chegou ás oficinas policiais unha destas queixas, o cal levou aos axentes a desprazarse ata a zona do paseo marítimo. En canto ven aos policías, a reacción habitual dos gorrillas é marcharse, aínda que, coa lei na man, pouco poden facer as autoridades para desaloxalos se non se produce algún altercado ou actividade ilegal. Estar nunha zona de aparcadoiro pedindo unha axuda económica non constitúe un delito, o cal limita moito a acción policial.
Pero os gorrillas non adoitan querer problemas e onte, en canto viron aos axentes, desapareceron. Segundo fontes policiais, os que acoden a Cambados fano desde outros municipios.”””
En realidade a amiga e avezada periodista cambadesa  Bea Costa que era a autora da nova, esqueceuselle dicir, o noso criterio,  que en realidade os gorrillas levan en Cambados dende o ano 1987, ano  en que despois dun golpe de estado tal e como constante os videos da columna da dereita, accederon o poder e con  triquiñeulas e enganos  e manteñense no mesmo sableando cada dous por tres os cidadáns de Cambados a vivindo exclusivamente “DE GORRA”  e da politica tales como os casos de Touris, Rosa Oubiña  Luis Aragunde, estes si que son uns VERDADEIROS GORRILLAS, os do que fala a nova bastante desgraza teñen de andar a pedir.

Ningún comentario: