20 de mar. de 2013

PP: TRANSPARENCIA PARA OS DEMAIS

A PROPÓSITO DOS "COMEDEBALDES" QUE VAN O XANTAR DO ALBARIÑO
O BNG ven de publicar no seu blog a seguinte nota:
"O PP xa lle entregou ao grupo municipal do BNG  o listado de convidados ao xantar do Albariño. O Concello tan só necesitou 8 meses para facilitarlle o listado ao BNG, demostrando así a súa gran axilidade, o exemplo de eficacia burocrática e a gran transparencia na xestión do concello.
Aínda así estamos un pouco defraudados, mais non sorprendidos, pois este foi o ano que máis axilidade demostrou o PP na entrega dos listados de convidados e esta vez, á diferenza da pasada, nin sequera tivemos que suplicar ao Valedor do Pobo.
Pero o BNG séntese defraudado porque, unha vez máis, o listado entregado ten a súa trampa. Así a información facilitada polo PP non reflicte a información solicitada polo BNG:
SOLICITA (literalmente): que “lle sexa facilitado ao grupo municipal do BNG o listado de comensais convidados polo concello ao  Xantar da Festa do Albariño do ano 2012, onde se aclare os/as que asistiron realmente, así como se levaron ou non acompañantes tamén convidados/as e o motivo polo que as citadas persoas foron invitadas polo concello ao Xantar deste ano”. 
Así pois, o listado entregado ten moi pouco valor informativo pois non se sabe quen dos aparecen nese listado,   asistiu ao Xantar e se foi ou non con acompañantes. Ao BNG se lle  entregou un listado sobre a quen, en teoría, se lle pasou convite pero sen aclarar a información solicitada. É dicir, o PP agardou  8 meses para entregarlle ao BNG un listado que tiñan enriba da mesa desde, polo menos, o mes de xullo. 
A preguntas do BNG no pleno pasado,  o Alcalde  responde afirmando que lle resulta imposible saber quen asiste ao Xantar do Albariño. Resposta ben pouco crible e non só porque hai un administrativo que se encarga de repartir convites e apuntar os asistentes unha vez recollidos estes no concello, senón tamén porque non se entende a tardanza na entrega de tan sinxelos datos. E segundo afirmou o alcalde, no pasado pleno,  tampouco sabe cantas persoas asisten por organismo ou asociación convidada.  O BNG  pregúntase se o alcalde saberá que cada convite lle supón ao concello 50 €, é dicir, ao peto dos cidadáns.
En fin, en Cambados temos un PP moi semellante ao que hai en Madrid: non saben, non contestan. Éncheselles a boca falando de transparencia pero a realidade é que onde gobernan eles, todo é ocultismo e falta de información. O PP non está  por render contas aos cidadáns senón máis ben por  rirse deles. 
GRUPO MUNICIPAL BNG CAMBADOS."

A isto hai que facer unha serie de apreciacións:
1º.- Na lista de invitados están os concelleiros do BNG, os cales non asistiron os actos oficiais do Albariño como foi público e notorio.
2º.- O Alcalde Luis Aragunde, minte mais que fala pois non pode dicir que non sabe quenes asistiron o xantar porque ten personal especifico para elo.
3º.- O asesor personal do Alcalde ou é un incompetente ou non sabe contar, porque el leva o control estricto das invitacións.
4º.- Se non saben quen vai como invitados porque poñen as cadeiras xustas. Esto non o creen nin eles.
5º.- Estas listas son falsas porque hai xente que ven convidade e non está nelas, por exemplo o presidente da xunta, ou Paloma Lago.
6.- Total 130 invitados (que foron moitos mais) a 50 € cada ún 6.950 € dos petos dos cambadeses para catro mamalons.


LISTA DE "COMESDEBALDE"



Ningún comentario: