O polemista Roberto Blanco Valdés, ademais de doctor en dereito é un asiduo do periódico que mais odios e admiracións ten na nosa nación: “A Voz de Galicia”, fai uns días nun debate
de “V” Televisión poñia a parir os deputados de AGE, PSOE e BNG, ratificándose así nun artigo escrito no periódico do mesmo ramo o 30 de Xaneiro do 2013 , e que levaba precisamente como titulo "REVENTAR O PARLAMENTO".
de “V” Televisión poñia a parir os deputados de AGE, PSOE e BNG, ratificándose así nun artigo escrito no periódico do mesmo ramo o 30 de Xaneiro do 2013 , e que levaba precisamente como titulo "REVENTAR O PARLAMENTO".
A razón era que os de AGE, a meu criterio moi ben feito por certo, facilitaron a entrada nun parlamento a unha serie de traballadores de Navantía e PAS da universidade compostelá os cales esgrimiron unha serie de protestas contra os deputados do PP todas elas razoables.
O señor Blancó Valdés esgrimia calificativos contra os parlamentarios de AGE, PSOE E BNG da condición de “grazas á actitude reventadora dos deputados de AGE”, ou “De non cortar en seco esa forma irresponsable e populista de actuar, que demostra que a AGE”, ou “algúns deputados, facendo trampas, puxésenlla en bandexa a quen a eles lles dese a real gana”, ou “dunha forma ilegal e antidemocrática de facer oposición”, rematando o artigo con esta frase “A oposición ten un papel fundamental en democracia. Pero a que AGE se empeñou en practicar deslegitima as institucións, ata deixalas esnaquizadas, ao servizo do seu proxecto antisistema. Por iso, que o BNG e o Partido Socialista acompañen aos reventadores nese camiño cara ao abismo resulta máis que incomprensible”.
No programa en cuestión o Sr. Blanco Valdés esqueceuselle dicir que no ano 2005 , gobernando o bipartito tivo lugar un feito, que o seu grupo empresarial periodistico para o que traballa practicamente pasou case por alto, intencionadamente creo, que foi a movilización duns 200 cargos públicos do PP, alcaldes, concelleiros e tres senadores, para manifestarse ante o Parlamento galego en protesta pola suspensión de varias obras da Xunta, derivou nunha forte rifa no exterior da Cámara, que logo se trasladou ao hemiciclo.
Os populares abandonaron o pleno do Parlamento despois de que a presidenta, a socialista Dolores Villarino, impedise a entrada ao edificio dun grupo de alcaldes en actitude moi violenta que participaban na manifestación. Foi o ataque mais grave contra a democracia do PP en Galicia, e un dos cabezillas foi nada máis e nada menos que José Manuel Cores Touris, actual Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra. ¡¡¡Hai que foderse!!!
![]() |
Sr. Blanco Valdés. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario