24 de mar. de 2013

STAND BY, CAMBADESES LOCOS POLA MÚSICA

Xa co nome definitivo de STAND BY, o grupo cambadés que practicamente naceu das entranas do Pub A Leria e liderado por Quique Barreiro, e despois do existoso concerto no Econtro de Barrantes, fan a súa presentación
“estelar” na vila veciña de Vilanova de Arousa. 
A Cafetería Delic de Vilanova de Arousa dalles  a oportunidade de ofrecer outro concerto Rocanrolero, o xoves de Semana Santa ás 23.30 h., no que se poderán escoitar versións de Primal Scream, Black Keys, Rolling Stones, e moitos máis. Si vos perdechedes o anterior no Encontro, queredes repetir, ou simplemete achegarvos a tomar unha caña ou un cubalibre mentres escoitades música en directo, esperánvos en Vilanova. A entrada é gratuíta.






Ningún comentario: