27 de mar. de 2013

“TOURIS, EU TEÑO CONFIANZA EN TI”

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Apreciado e admirado Tourís:
      Estou sorprendido e indignado; acabo de ler na edición electrónica do  xornal “El Pais” que un xulgado de Arzuá reabriu a investigación, a raíz dunhas gravacións telefónicas,   sobre o presunto  cobro pola túa parte, dunhas comisións ilegais por unhas obras levadas a cabo no noso amado pobo. 
     
Non sei que espera todo Oubiña, todo Cambados e , se me apuras, toda a provincia de Pontevedra para saír a rúa, a manifestarse en defensa da túa inocencia; e aínda, por enriba, xa saíron eses “rojeras” do BNG e do PSOE pedindo unha comisión de investigación ¿como se atreven? a ti, un cidadán “honrado”, un “selfmade man”,  un político “de raza” (os teus detractores dirían que de raza palleira),en definitiva,  un home íntegro onde os haxa; un home que se meteu en política polo mero feito de servir a os seus concidadáns, sen levarse nin un peso de mais  que non foran as súas humildes retribucións ¿verdade Tourís?.
      Ademais esta acusación cae polo seu propio peso ..... cando se realizaron os supostos cobros xa estaba de alcalde o teu vasallo, perdón, quería dicir o teu sucesor, Luís Aragunde, un home que se caracteriza pola súa “independencia”, por non obedecer a os ditados de ninguén, o tema do Pinal de Maza é un claro exemplo de elo.
     
Esta claro que o xornal “El Pais” ten algo contra vos, xa fai anos nunha artigo titulado “Parientes y amigos de Louzán copan puestos en la Deputación de Pontevedra” sinalaba a gran cantidade de xente achegada ó teu camarada de partido  que traballaban en dita institución ( mais de corenta de Ribadumia), eu non teño dúbidas de que todos foron collidos polos seus mais que merecidos “méritos”, igualiño do que pasa en Cambados.  
      E, tamén, mais recentemente, este mesmo medio, destacaba que Louzán non quere amosar a súa declaración da renda, probablemente, por un acto de humildade, de seguro que nos sorprenderiamos dos pouco que gaña este, coma ti, “integro político”. 
     
¿A que ben esta inxustificada persecución? Eu non teño dúbidas da túa honradez, como da honradez do teu ex compañeiro de partido  Luís Bárcenas, un empresario de éxito que ademais acaba de deixarnos ben claro, nunha entrevista realizada nun medio tan independente como Intereconomía, que a orixe dos seus  35 millóns de euros en contas suízas proveñen integramente dos seus negocios e, o feito de ser tesoureiro do PP na época na que amosou tan considerable fortuna, é  mera coincidencia. Si xa sei que dos últimos  catro tesoureiros do PP, tres están imputados pero todo ten que ser produto de falsas acusacións, de xente envexosa do voso éxito. 
   
  Tourís eu creo en ti  ata  o punto de que por unhas horas, abandonarei o meu agnosticismo recalcitrante para esta noite rezar por ti, porque mais cedo que tarde daredes unhas explicacións convincentes a todo isto, so pedirche un favor que as explicacións no veñan dadas por Cospedal ...... as miñas neuronas levan semas intentando procesar que é un finiquito  “en simulación  e diferido”, sinceramente, esta muller non  sei que tal o fará  como secretaria xeral pero dende logo como monologista no “Club de la Comedia” seria impagable. 
      Nada mais, so poñerme a túa total disposición e que se necesitas un home de confianza aquí me tes, xa sexa para acompañarte a calquera “sarao” ou visitar, ó teu carón, colexios electorais os días de eleccións, teño entendido que no Concello de Cambados iso está moi ben remunerado con moitas horas extras. 
      
   
  Saúdos de un “Tourinista” convencido. 
      
                       RICARDO DOMINGUEZ REY
      

Ningún comentario: