Páginas

17 de abr. de 2013

A PARELLA DE CAMBADOS CO NARIZ MAIS FINO.

OS CAMBADESES OLGA RODRÍGUEZ E JOSÉ LUIS ARAGUNDE PASAN Á FINAL DA "NARIZ DE ORO"
A PARELLA DE HOSTALEIROS LOGROU O PASE EN SANTIAGO.
José Luis Aragunde e a súa muller Olga Rodríguez lograron hoxe, na semifinal celebrada no Hostal do Reis Católicos de Santiago de Compostela, o seu pase a final da "Nariz de Oro 2013" que se celebrará en Madrid o vindeiro 14 e 15 de xuño.
Os cambadeses participaron representando a cadanseu establecemento hosteleiro, Olga pola Despensa do Ribeira, e José polo Ribeira de Fefiñans. Na final de Madrid daranse cita os 73 sumilleres que lograron pasar as semifinais celebradas en Bilbao, Sevilla, Madrid, Valencia, Barcelona e Santiago.
Estes son os 11 seleccionados:
• Eva Pizarro, de Acio (Santiago de Compostela, A Coruña) Mejor sumiller de la convocatoria
• Olga Rodríguez de Despensa do Ribeira (Cambados), en Pontevedra.
• José Luis Aragunde de Vinoteca Ribeira de Fefiñans (Cambados), en Pontevedra.
• Bruno Lovelle de Jema (Chaantada), en Lugo.
• Juan Ignacio Ayerbe de Juan Ayerbe El Sumiller (A Coruña).
• Ricardo García de Don Quijote (A Coruña).
• Carlos Jorge de O Ferro (Santiago de Compostela), en A Coruña.
• José Antonio Santamaría de In Vino Veritas (Burgos).
• Eduardo Camiña de La Cueva de Fabia (Olmedo), en Valladolid.
• Eva Díez de In Vino Veritas (Burgos).
• Alfredo Herrero de La Cueva de Fabia (Valladolid).
Nova recollida de http://cambados.org.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.